Dous en Benicassim

Ten 0 comentarios.

Unha das primeiras entradas deste blog falaba da conexión lorquiana entre Enrique Morente e Leonard Cohen. Unha conexión que atrapa a calquera. Pois quince anos despois de que empezara aquela movida, Cohen e Morente, Morente e Cohen, volvéronse xuntar en Benicassim, este domingo pasado. Seica non chegaron a tocar xuntos, pero tamén seica non defraudaron cos seus respectivos concertos, o de Cohen cos seus temas clásicos e o de Morente, co repertorio do ‘Omega’.

Aquí hai unha boa crónica de Lino Portela en El País sobre esta historia e a súa prehistoria, e a foto que a acompaña, de Ángel Sánchez.

cohenmorente1

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *