Miscelánea

Calquera menú ou taxonomía que se prece debe ter unha división "miscelánea". Esta é a miña.

Fununcan

Fununcan somos Juan e eu (moito máis Juan que eu) facendo repinaldos sonoros. Música orixinal & versións en galego.

Refraneiro Galego

O Refraneiro Galego naceu como unha aplicación para iOS e Android que publiquei en 2011 pero que xa non está dispoñible. Agora mesmo o proxecto está parado, coa idea de convertilo nunha webapp -vía Frontity-, mentres tanto na páxina web pódese consultar unha pequena mostra dos case 10.000 refráns que forman a base de datos.

Audiopelis

Un sitio onde fun colgando fragmentos de audio chulos, recollidos de pelis e series.

Artigos en La Opinión

Entre 2004 e 2010 traballei como redactora no xornal La Opinión A Coruña. No perfil de Contently (en proceso de migración a algo propio) hai unha breve escolma de artigos meus: