rrrrregreso

Ten 0 comentarios.

A cambio do meu retraso crónico vouvos deleitar cun batiburrillo de cousas, un cocktail tropical, un prebe de paridas, unha revista, un magazine. Para que vexades o ocupada que estiven neste enésimo parón blogueiro. Malo será que non haxa algo que non mereza o voso perdón.>>Descubrín en Ordes a Los Coronas, un grupo de surf-rock (ou rock-surf non sei) que seica son bastante míticos e que me molaron mogollón. Fixeron bailar a saco a case todos os que andabamos polo festival Brincadeira, que estaba montado a lo grande, con dous días de concertos e grupos como Krakovia, Amparanoia ou Che Sudaka. Tan alogrande que mesmo había un camión de telepizza para o bajoneti das 02.30, flípalo. >>Engancheime á serie ’24’ (pode haber alguén máis estresado que Jack Bauer?) e ‘Doctor en Alaska’ (pode haber algún personaxe nesa serie que non mereza a pena?). E xa non vexo a televisión. >>Recoméndovos para pasar un bo rato cos coleguis a páxina Los Icos. Ten varios xogos sobre series, anuncios e programas míticos (1) da televisión. Por exemplo, un consiste en adiviñar a serie escoitando só tres segundos da sintonía. >>Tamén pode ser divertido poñer en google unha data, escrita entre comiñas, e ver o que sucedeu ese día polo mundo adiante. Eu acabo de enterarme de que o día que nacín eu, ademáis dun lote de convenios internacionais e outras trapalladas, o Exército de Guatemala matou a 300 civiles nunha aldea, San Martín Jilopeteque, supostamente por axudar aos guerrilleiros, aínda que a maioría eran familias que viñan doutros lugares fuxindo da guerra. Calcúlase 200.000 persoas morreron e 1,5 millóns fuxiron durante a guerra interna de Guatemala, que durou máis de 30 anos. O 42% da poboación de Gutemala é indíxena, descendentes dos maias. >>Grogui en inglés tamén se di ‘groggy’. Que cousas. >>E moito máis moito menos apasionante. (1)Esta palabra merece un debate blogueiro. Proximamente en Tododepende**teño un problema cos intros (cos intrometidos, tamén)

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *