Albanelería web
Ola! Son Pilar Mera. Traballo como autónoma facendo deseños e axustes web para axencias e particulares. Se buscas axuda para o teu proxecto dixital, contacta comigo 🙂
Servizos
O que ofrezo como maquetadora web freelance
- Maquetación e deseño web
- Axúdoche a convertir a túa idea nunha web que ti mesmo poidas actualizar coa axuda de plantillas predeseñadas. PSD/JPG a HTML, redeseños, blogs, portfolios, webs corporativas, newsletters… As miñas especialidades son o framework Bootstrap e a plataforma WordPress.
- Configuracións WordPress
- Tes a template escollida ou instalada no WP pero non consegues que quede como na demo? Precisas actualizar o tema e os plugins? Non sabes como engadir o aviso das cookies ou o captcha antispam para os formularios de contacto? Eu axúdoche.
- Optimizacións SEO on page & WPO
- Axustes para mellorar o rendemento e facilitar o indexado: redimensionamento e optimización de imaxes, revisión da estrutura html, recursos innecesarios, textos alt, meta tags, actualizacións, etc.
- Contidos
- Para que a web quede completa, podo redactar ou corrixir textos, editar fotos, logos e banners, buscar imaxes decorativas…
- Soporte e mantemento
- Se algo deixa de funcionar na túa web, eu encárgome de detectar o problema e solucionalo canto antes. Tamén ofrezo tarifas mensuais de mantemento.
- Formación
- Cursos, talleres e titoriais personalizados para empresas, particulares e xerentes. Online e presenciais (zona A Coruña)
- Entrada de datos
- Sexan produtos de e-commerce, imaxes, entradas de blog ou etiquetas meta para SEO, podo introducir ou actualizar todo tipo de datos de forma masiva
- Transcricións & Subtítulos
- Conversión a texto de imaxes, pdfs, audio, vídeos… Edición de códigos de tempo para formatos de subítutlos .srt
Ferramentas
Coñecementos e utilidades favoritas
- Linguaxes
- HTML · CSS · Javascript · PHP · MySQL
- Frameworks
- Bootstrap · Zend · CodeIgniter · Ionic
- Librerías JS
- Owl Carousel · DataTables · Isotope · Waypoints · Fullcalendar · Swiper
- Recursos gráficos
- Unsplash · Pond5 · Archive.org · Flaticon · Dafont · Google Fonts · Colour Lovers
- CMS
- WordPress · Prestashop · Blogspot
- Analítica & Marketing
- Google Analytics · Google Tag Manager & Tag Assitant · Google Search Console · Semrush · Screaming Frog · Mailchimp
- Plugins WordPress
- Woocommerce · WPML · SEO Yoast · Contact Form 7 · WordFence · W3Total Cache · WP All Import · Revslider · ACF · CPTUI
- Temas WordPress
- Avada, Twenty Fifteen · Underscores · Storefront
- Software
- Adobe Suite · Filezilla · Sublime Text · MAMP · Audacity · Office · iMovie · poEdit · Raspbian
- Aprendizaxe
- Stackoverflow · CodePen · CSS Tricks · Codecademy · Sololearn · WPMU Dev · Raspberrypi.org
- Idiomas
- Galego · Español · Inglés · Francés
Clientes
Algunhas das empresas coas que traballo
Marketing online. Madrid
Deseño e comunicación. Madrid
Deseño web. A Coruña
Consultoría de imaxe. Gijón
Inbound marketing. Madrid
Deseño web. Navarra
Produción audiovisual e espectáculos. A Coruña
Diseño gráfico. Barcelona
Deseño e comunicación. Bruselas
Especialistas en Amazon. Alicante
Deseño gráfico. A Coruña
Tenda online de sneakers e roupa deportiva. Carral
Casas rurales en Paderne. A Coruña
Apartamentos rurales en Paderne. A Coruña
Campo de pitch & putt en Paderne. A Coruña
Praza de Lugo. A Coruña
Carral
Culleredo
Valencia
Periodismo incómodo. Madrid
Grafeno e materiais 2D. Cambridge
Psicóloga. Ordes
Pinturas y decoración. A Coruña
Sobre min
Pilar Mera Rico
Teño 38 anos e vivo en Abegondo (A Coruña). Formeime como xornalista na USC, pero xa non exerzo. Aprendín a fozar no código e agora dedícome ao deseño web. Montei o Refraneiro Galego. Son autónoma. Fago música en Fununcan. Todos me chaman Pi.
Contacto
Escríbeme
Se queres contactar comigo mándame un correo a pi@pi-comunicacion.com ou búscame no Twitter