Servizos
- Maquetación e deseño web
Axúdoche a convertir a túa idea nunha web que ti mesmo poidas actualizar coa axuda de plantillas predeseñadas. PSD/JPG a HTML, redeseños, blogs, portfolios, webs corporativas, newsletters, boletíns internos, landings… As miñas especialidades son WordPress e o framework Bootstrap. - Configuracións WordPress
Tes a template escollida ou instalada no WP pero non consegues que quede como na demo? Precisas actualizar o tema e os plugins? Non sabes como engadir o aviso das cookies ou o captcha antispam para os formularios de contacto? Eu axúdoche. - Desenvolvementos
Podo desenvolver plugins ou amaños para resolver problemas específicos da túa web, como un calendario de eventos con campos personalizados, engadir relacións especiais entre diferentes tipos de contidos, tirar de APIs externas, etc. - Optimizacións SEO on page & WPO
Axustes para mellorar o rendemento e facilitar o indexado: redimensionamento e optimización de imaxes, revisión da estrutura html, recursos innecesarios, textos alt, meta tags, actualizacións, etc. - Soporte e mantemento
Se algo deixa de funcionar na túa web, eu encárgome de detectar o problema e solucionalo canto antes. Tamén ofrezo tarifas mensuais de mantemento. - Contidos
Para que a web quede completa, podo redactar ou corrixir textos, editar fotos, logos e banners, buscar imaxes decorativas… - Formación
Cursos, talleres e titoriais personalizados para empresas, particulares e xerentes. Online e presenciais (zona A Coruña) - Entrada de datos
Sexan produtos de e-commerce, imaxes, entradas de blog ou etiquetas meta para SEO, podo introducir ou actualizar todo tipo de datos de forma masiva - Transcricións, subtítulos, audio e vídeo… offtopic
Conversión a texto de imaxes, pdfs, audio, vídeos… Edición de códigos de tempo para formatos de subítutlos .srt, locucións de voz, etc. - Traducións
GL / ES / EN / FR
Traballos
Estas son algunhas das webs nas que traballei ultimamente:
- apartamentosturisticoscedeira.com – Pisos de alquiler para vacaciones en Cedeira
- casteloconta.gal – Festival en Culleredo
- xeosonica.gal – Proxecto transmedia darredor dos sons atlánticos
- senave.com – Tenda de pinturas online
- ligal.gal – Laboratorio Galego de Análise do Leite
- veronicavazquez.es – Psicóloga en Ordes
- undodez.gal – Produción audiovisual
- farina.gal – Espectáculo teatral
- mariaperezmunoz.com – Dietista nutricionista en A Coruña
- vialacteafilmes.gal – Produción cinematográfica
- golfpaderne.com – Club de Pitch & Putt en Paderne
Se buscas referencias miñas, tamén podes preguntar en Ainé Producións, Libelula Solutions, Trazada Marketing ou Aezkoanet. Son empresas e profesionais cos que colaboro con frecuencia.
Filosofía
Gústanme os deseños e procesos sinxelos, as páxinas fáciles de entender, usar e administrar, accesibles para todos, lixeiras, sen elementos superfluos nin discursos innecesarios e adaptadas ao uso que se lles vaia dar. Bonitas tamén. Prefiro proxectos e clientes pequenos. Pero tamén sei facer carruseis con imaxes de recheo e animacións en cada páxina ;)

No desenvolvemento e deseño web son autodidacta. Leo e investigo cada día tanto sobre os fundamentos da web accesible como sobre as últimas tecnoloxías e tendencias da rede. Vou colaborando, paseniño, en proxectos open-source e na comunidade WordPress. Falo galego, español e inglés, e chapurreo o francés. Son licenciada en Xornalismo pola USC.
Contacto:
pi@pi-comunicacion.com