Cookies e privacidade
Esta web non emprega cookies de ningunha clase para os usuarios que a visitan. Si que pode incluír enlaces a outras webs e redes sociais que si empregan cookies baixo a súa responsabilidade.
Tampouco uso ningún servizo de analítica ou medición do tráfico -a lo loco ;)- pero a IP de cada visitante queda rexistrada nos logs técnicos do provedor do hosting, Dinahosting S.L. (Santiago de Compostela). Se te subscribes á newsletter para que te avise cando haxa contido novo, o teu email tamén quedará almacenado na base de datos de Dinahosting (aí e en ningún outro sitio fóra da miña man, non o compartirei con ningún terceiro).
Se me envías un correo electrónico, só usarei eses datos para contestarche. Se deixas un comentario, só terás que poñer un nome que se verá publicamente.
Licenzas
O contido orixinal que publico na web está protexido coa licenza Creative Commons BY-SA 4.0, así que podes empregalo onde queiras sempre que cites a procedencia e o compartas nos mesmos termos.