Os indiespensables da música española

Ten 1 comentarios.

Este venres, catro de xullo, disque é o día da música independente. En radio 3 celébrano cunha votación para escoller os ‘indiespensables’ da música española. Creo que se pode votar até hoxe, e logo que van editar un disco coas cancións gañadoras. Pero aparte diso é moi interesante ver as recomendacións que ven os locutores; as listas,  rankings e recompilacións sempre teñen un punto tonto pero tamén son unha gran fonte de curiosidade e algo viciosas, porque vas tirando do fío…

Total, que aquí deixo o link da páxina dos indispensables de radio tres e aquí a das iniciativas homólogas (palabra que só usan os periodistas para aforrar palabras) noutros lugares do mundo.

E aquí o videoclip da canción que vai gañando neste momento, e de calle. ‘Qué nos va a pasar’, de La Buena Vida. A canción tamén das miñas favoritas, e agora ao ver o vídeo (non recordo telo visto antes) resulta que é moi moi parecido ao que puxen fai un par de post, o de radiohead. El cosmos me mata

1 comentario

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *