O de falar de cousas que me gustan creo que en principio é boa idea. Unha delas son os videoclips, os bos videoclips. É un formato audiovisual case perfecto: breve, intenso, mogollón de heteroxéneo, versátil e no que cun pouco de imaxinación podes facer calquera cousa. E todo iso, con música. Ando ultimamente vendo algúns, e mirando quen os fixo e todo iso.
Logo do impresionante ‘Hit the road’ de Ray Charles, deixo outro tamén alucinante pero doutro xeito e noutro tempo de Radiohead, que é un grupo que precisamente coida moitísimo os seus vídeos. Aquí hai unha selección dos máis coñecidos. Eu escollín este porque é en branco e negro e porque ten unha fotografía chulísima e unhas imaxes que me fan pensar no tempo, en como está pasando sen darnos conta. Este fíxoo Jonathan Glazer, que tamén dirixiu videoclips para Massive Attack, Blur e Jamiroqai e que logo fixo un par de pelis (‘Reencarnación’ e ‘Sexy Beast’). En fin, védeo que mola mazo.
Hai unha web, mvdbase.com, na que hai moitísima información sobre os directores, produtores e técnicos de un montón de videoclips.
HhH
anda, acabo de darme de conta de que o cantante, Thom York, é cagadiño a Ben, dA Serie ‘Perdidos’.
E outra cousa:hai un concurso para facer o videoclip oficial dalgunha das cancións do último disco de Radiohead, titulado ‘In Rainbow’ e que cando saiu se podía descargar gratis (ou dar a voluntá) desde a páxina oficial do grupo. Iso si, o video ten que ser de animación. Até o 9 de xuño creo que se poden enviar os storyboard da canción que se queira. Esta todo montado aquí, en aniboom, unha páxina de animación.
Fantástico Radiohead e fantástico video. Hipótico e moi plástico.
Hipnótico queria dicir