Como moitos sabedes, este sábado comezou unha aventura que a saber como acaba. Como sempre quixen ser jipi, puxemos un posto de chapas, broches e pulseiras no mercadillo que se vén facendo no Orzán o primeiro sábado de mes. Pasámolo pipa, deunos o aire e ademais non houbo queixa coas vendas. Que repetiremos, vaia.
Estaba eu deseñando unha chapa personalizada para os de Esterko (porque tiñamos impresora e todo para facelas ‘on demand’) cando apareceu el_goio e tirou esta foto, na que non se ve o posto, pero si dous elementos indispensables en calquera evento que se precie: garimba fresca e uns cantos coleguillas. E as mans nos petos, mitiquísima postura.
Pois resulta que as chapas máis vendidas foron as que poñían frases bravas-coruñadas-galegadas, sobre todo as de “Pídechas o corpo neniño”, “Bu neno” “Manda carallo” “E logo ti de quen vés sendo?” e “Tómalle outra”.
Aí vai unha foto con algunhas. Se se vos ocorre algunha frase máis e non vos importa compartila gratuitamente comigo, pois guai. A min acaba de acordarme unha mítica e que seguro que tamén funciona: “Pasa mía”.
Xa avisarei cando teña armada unha web para colgar todos os deseños, porque tamén levamos chapas de tela, e de fieltro moi chulas.
Por certo, que se alguén quere facer chapas estamos en 314chapas@gmail.com
a ver ke che parece esta de duas liñas que está ó día:
– “queen-ti-ví-noso-bama”
tamén vale así:
– “kin-ti-vé-noso-bama”
je, je, …
falloume a tecla. corrixo a errata da segunda versión que puxen.
onde dixen “kin-ti-vé-noso-bama”
debe dicir: “kin-ti-ví-noso-bama”
a ver digodiegocorsianoenigmático. non acabo de entender a parte final da frase, aínda que ten boa pinta e unha marca indiscutible de bravura. Supoño que o de kin-ti-vi será como “quen te viu”. Pero non pillo o de noso-bama. Bin laden? un barman? ?¿¿
seguramente é unha parvada pero saiume de seguido logo de ler o teu texto das chapas. cando o escribin (sen pensar) non se me acordara para nada o bin, senon o obama:
http://www.youtube.com/watch?v=IDcSC7SoJRw
é un xogo de palabros entre o nome do blogtelevisivo do vicepresident da republika do ben-star (quin.tv) e o presidenciable conservador ianqui.
saíume ó chou.seguramente os máis fieis acabaran por explicar dende o seu fervor que eso e: “quin vexote como o noso obama”
en realidade non ten mais trasfondo que as risas que se poidan sacar de parvear co primeiro que se me ocorriu …
Bella foto tirou el_goio.
Cuanto tiempo Pi!!!
creo que salir de fiesta con una chapa que ponga:
“baje a tomar una y me lie”
tiene que triunfar.
un bico dos grandes
Ei Lara!! é bo verte. Ou oírte. Ou lerte, máis ben. Tomo nota da chapa, efectivamente pode triunfar. Xa amañaremos o tema dos dereitos de autor, non vaia ser que me forre…
saúdos!!
thans for the tip