Aí vou cunha segunda entrega de ollo empresarial, aínda que en realidade máis ca oportunidades de negocio son inventos da humanidade que alguén debería maquinar canto antes.
O primeiro e tantas veces ansiado é o teletransporte. O mellor invento posible. A puntilla dos urbanitas, a subvención dos autónomos, o nirvana dos porreros, o sinsentido dos viaxantes. Quen non quixo algunha vez ter un botonciño máxico (outro botonciño máxico, vaia) que te leve nun plis a onde queiras ir?
Iso si, habería que limitar o seu uso, porque igual que no caso da inmortalidade, romper as coordenadas espaciais cambiaría de cheo o noso ser; a globalización sería unha minucia, calderilla comparada co que podería provocar un uso irresponsable do teletransporte. Botar man del debería ter algunha contrapartida, pero non económica. Por exemplo, por cada vez que se use o usuario restaría un día, ou unha semana de vida. Ou mellor, descontaríase dos nosos días o tempo que nos levase chegar ao destino pola vía tradicional.
Tamén habería que limitalo a uns 20 ou 25 quilómetros, que vén sendo o noso radio de acción natural, sen coches nin avións nin aves. En realidade, deberiamos limitar os movementos en calquera medio de transporte e volver a camiñar, non me gusta esa moda que hai por viaxar, canto máis lonxe mellor.
Outro invento que boto en falta é unha máquina que anote os pensamentos, sobre todo as noites de alcohol, que é cando polo menos eu estou máis inspirada e dá moita rabia non acordarse das xenialidades dun.
E todo isto acordoume ao ver un anuncio que pensei que era unha coña do día dos inocentes: un cepillo de dentes intelixente que che asesora a limpeza. Mentres fregas a piñata, diche “dálle con máis ganas na parte dabaixo” ou “esquenciche un premolar”. Así como lo cuento
Canto da de si a túa cabeciña, Mera… Ja, ja, ja! Aínda estoy pendente de ter cinco minutos de tranquilidade para contestar o primeiro post sobre ideas empresariais, que, como te avancei, véxolle matices. O do teletransporte sube de nivel. Pero hay que ampliar o radio, eh! A ver si non vou poder empregalo eu e teño que seguir atado ó R-598 para ir para aí. E son 13 euros, joder.
Me quedo tonta con lo del cepillo inteligente.
Non haberá un así para o pelo? Que a máis de un non lle viña mal asesoramento…
Acabo de engadir a foto de songoku na nube kinton (ou kindom non sei…) porque a falta do teletransporte, pois non estaba mal ter unha desas para ir voando por aí.
Unha vez soñei que voaba, sen nube nin nada, só unha vez e foi unha sensación tremenda. Notaba como pouco a pouco ía aprendendo até que ao final xa tiña controlado o de planear por riba da xente. Foi guai, pero espertei.
Molaría rencarnarse en paxaro.