+++

Ten 2 comentarios.

Proxecto Finlandia é unha obra de teatro do teatreiro Carlos Santiago que vén falando de Galicia coma se fose Finlandia.

Dous fineses que viven en Camariñas foron ver a obra á Sala Nasa. Agora queren facer o Proxecto Galicia en Finlandia.

Rinoceronte é unha editorial de Cangas que traduce ao galego obras dun lote de linguas. Foron os primeiros en traer ao galego pezas escritas en finlandés, e tamén en húngaro, hebreo, islandés e xaponés.

Hai cu é un blog de versos xaponespensantes e galegofalantes (mirade este) que ten unha sección titulada Caca+Cu+Peido+Pis, catro cousas universais.

Casatlantica é outro blog que me levou e ao que fun dar varias veces bailando por todos estes sitios. Pero deixo o blogroll para outro día, que me desvío del tema.

Nirvana Tribute é un grupo finlandés que fai versións, pois iso, de Nirvana, e copian tamén a escenografía dos concertos, destrozo de instrumentos incluído.

Korean Dog Food é un grupo de Vigo que fan grunge coma se fosen de Aberdeen.

Quen sabe, se cadra os de Rinoceronte acaban editando algo de Hai cu, ou Korean Dog Food e Nirvana Tribute montan unha xira conxunta por Seattle adiante ou vaite ti saber…

2 comentarios

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *