+ +++ (máis +++)

Ten 2 comentarios.

Aí vai outra colección de retais. Está claro que é moito máis cómodo andar fusilando por aí que artellar algo novo. Onde vai dar. Así, que ala, A ESCUPIR!!!!
Bedrooms of the fallen
-Viña no coche escoitando El Postre, o programa de Radio3 tanta veces mentado aquí. E falaban dunha serie de fotografías, titulada ‘Bedrooms of the fallen‘ e asinadas polo australiano Ashley Gilbertson. Son imaxes das habitacións dalgúns soldados ianquis que morreron na guerra do Iraq. Das habitacións da súa casa, non das bases aló no deserto. Vale a pena botarlle un vistazo.

-Tamén en hoxe en Radio3 escoitei a Jota, de Los Planetas, facendo un programa de radio. Así, todo pa el. E era o primeiro de catro programas nos que fala do último disco e das cancións e artistas que o inspiraron. Entendíaselle un pouco máis que cando canta, pero só un pouco máis. Entre os temas que pinchou hoxe Jota (que en r3 es como un dios, pero ese es otro tema) había un dos Spacemen 3, un grupo inglés dos 80 que eu non controlaba e que agora me acompañan mentres escribo.

-Xa que estou con Radio3 –cando organice isto, r3 vai levar unha categoría pa ela sola– teño que falar de Carne Cruda, un cacho programa que aínda non saíra a colación en TodoDepende, entre outras cousas porque ten só uns meses, e xa se sabe, que iso pa min non son máis que dous ou tres post. É unha especie de informativo, pero que se queda á marxe da axenda mediática habitual, con entrevistas chulísimas, música, efectos e produción sonora curradísima (moitas veces teatraliza as entrevistas, coma se estivese nun bar, ou nun tren…), sentido do humor e un presentador xenial, El Crudo (Javier Gallego, un que ao parecer traballou na tele, en CQC e algo máis, eu nin idea). O outro día tivo a un tipo que viviu de tirao na rúa durante moitos anos e agora escribiu un cómic, e outro a un insumiso fiscal, e outro día a José Cendón (que por certo, por primeira vez non me resultou un tipo raro)… e os luns, mércores e venres o programa inclúe unha tira cómica sonora, titulada Kurt y Courtney, e que eu sempre espero ansiosa porque me escojoooonoooooo:

2 comentarios

  1. Seges viva! Celébroo!

    Eu tampouco entendo moito a Jota cando canta. E todavía entendo menos a todos eses modernos que o corean nos concertos. Eu unha vez fun a un festival en Santander no que, entre outros grupos, actuaban Os Planetas. Cando saíron o escenario non me molestei sequera en asomar a cabeza pola tenda de campaña, preferí durmir e coller forzas para Chemical Brothers, que tocaban xusto despois. E qué ben fixen…!

  2. eeeiii un respeto para os planetas eh! que xa lles gustaría a moitos balbucear coma jota…
    que chemichal nin que chemichal…

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *