Relatividade absoluta

Un blog. A miña última aventura. Espero que dure e que mole (máis ben ao revés, polo de causa-efecto), e que non sexa ‘progre’, nin podre, nin lúgubre. Que non teña nome. Que vaia e que veña, que me atrape e que non me importe, todo a un tempo. Espero que non faga mal.

Porque non facer mal (pero mal, mal), sempre que se poida, vén sendo o único que me preocupa. Do resto, todo depende, e ademais dá igual. En realidade, nin eu, nin o que escriba ten a máis mínima importancia. Os humanos estamos sobrevalorados, e as opinións humanas máis aínda. Eu tiven a sorte de nacer cunha indecisión natural que, de vez en cando, me recorda que todo pode ser, que as cousas son relativas, que nin sempre nin xamais, nin bo nin malo, nin salvar nin expulsar.

cartel2.jpgAsí que aproveito o meu primeiro post para falar dun dos últimos filmes que vin, e que vén falando desta relatividade absoluta. Chámase ‘Y tú que sabes?’, e é unha estrana mezcla de documental e ficción, que aínda por riba fala dun tema que é unha estrana mezcla de ciencia, rollo paranormal e filosofía de vida (Si, mólanme as cousas estranas): a física cuántica. A peli explica de que vai iso dos átomos, e do que hai dentro dos átomos, que parece ser que son e non son, que están e non están, que aparecen e desaparecen. Conta que algún estudoso xa foi capaz de fotografiar o mesmo obxecto en lugares distintos nun mesmo momento (parecido á peli ‘Primer’, de ficción). Conta como os sentidos (sobre todo a visión) e os preceptos que nos veñen dados e que damos por feitos condicionan o que cremos que é real. Conta como o que pensamos é moito máis importante que o comemos. E que a nosa identidade é pura química. Cuestiona todo o que cremos e plantexa, incluso, se o mundo non é un holograma xigante, un supermatrix.
A estas alturas podería parecer que me vai o rollo abudcción, güija e túnica. E non. É a indecisión. Que me lo creo todo, vaya, polo menos por un tempo. E a física cuántica é o último, e vénme ao pelo para defender o (sub)título do blog. Que todo depende…