Prettymaps: A Coruña

Mapa da cidade da coruña en verde e maxenta, cun corte circular
Ten 0 comentarios.

Os mapas molan. O código mola. Mapas + Código = Prettymaps :)

Prettymaps é unha libraría de Python creada polo programador brasileiro Marcelo Prates para xerar mapas customizados cos datos de OpenStreetMap. Indicas un lugar, os elementos que queres incluír no mapa (rúas, edificios, cemiterios, volcáns, invernadoiros, piscinas olímpicas…), as cores e estilos de cada tipo de elemento e listo, xa tes ou teu prettymap -mapa chulo-. Ademais, os mapas pódense exportar en formato .svg, vectorizados en capas e polígonos (plots), ou sexa que son totalmente escalables a outros tamaños e aplicacións.

Eu estiven fozando estes días coa cidade da Coruña. Van unhas mostras:

Verde: Natureza | Pistacho: Deporte | Turquesa: Industria | Salmón: Educación | Maxenta: Goberno | Laranxa: Saúde | Amarelo: Relixión | Gris: Outros edificios
Só as rúas e estradas
Plotter estilo Bic cristal co centro na Casa das Ciencias
Montealto
Mapa coloreado do Barrio das Flores e Monelos, na Coruña
Barrio das Flores e Monelos
Mapa coloreado dos Cantóns e o Orzán na Coruña
Pescaría
Mapa en branco e negro da Praza Elíptica dos Rosais, na Coruña
A Praza Elíptica dos Rosais (Roseiras?)
Mapa coloreado de Meicende, a Refinaría de Repsol e Alcoa na Coruña
A refinaría, Alcoa e Meicende
Os xardíns de San Carlos

Estas imaxes son todas .png e miden e pesan o seu, pero non quixen optimizalas máis inda co risco de arder no inferno para poder facer zoom sen perder detalle.

Creo que esta librería Prettymaps vale ben para perderlle o medo ao código e poñerse a fedellar, seguindo as instrucións de instalación, a documentación e os exemplos é sinxelo -hai que ter python instalado antes pero iso non é nada para os intrépidos. Tamén mola para aprender como funciona OpenStreetMaps, a alternativa aberta a Google Maps e que cada vez ten máis cousas indexadas. Para facer o mapa coas cores por áreas, por exemplo, tiven que andar buceando pola wiki de OSM e entender como se etiqueta a terra, os edificios, os usos, etc. Así deixei as capas dese mapa, digo por se alguén lle pica que falten cousas e se anima a completar ou corrixir:

'natureza': {
    'tags': {
        'landuse': ['grass', 'forest'], 
        'natural': ['island', 'wood', 'scrub', 'beach'], 
        'leisure': ['park', 'golf_course']
    }
},
'deporte': {
    'tags': {
        'leisure': ['pitch', 'sports_centre', 'sports_hall', 'stadium', 'track', 'swimming_pool', 'horse_riding', 'golf_course', 'fitness_centre', 'fitness_location'], 
        'sport': True, 
        'club': 'sport'
    }
},
'industria' : {
    'tags' : {
        'building' : ['industrial']
    }
},
'educacion': {
    'tags': {
        'amenity': ['school', 'kindergarten', 'university', 'college'], 
        'landuse' : 'education'
    }
},
'goberno': {
    'tags' : { 
        'building' : ['civic', 'government', 'public']
    }
},
'saude': {
    'tags' : { 
        'building' : ['hospital']
    }
},
'relixion': {
    'tags': {
        'building': ['church', 'cathedral', 'religious', 'temple', 'mosque']
    }
},
'building': {
    'tags': {
        'building': True, 
        'landuse': 'construction'
    }, 
    'union': True
}

Hai un grupo de OSM Galicia, por certo, teñen Twitter e fan cousas como meter os límites das parroquias no sistema.

Pois ata aquí, de momento, a argallada cos Prettymaps. Agora hai que probalo no rural, outras paletas de cores, etc.

*Metín os .svg e os scripts .py de cada mapa neste .zip descargable (24,1MB) -a ver se o subo tamén como repositorio no GitHub. *Ollo que aí faltan os 1.2GB do arquivo cos polígonos costeiros, que hai que referencialo aparte para que as cidades con mar como A Coruña saian ben, aquí explican como.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *