Hoxe mentres ‘vía’ (merda de ts-screener) Gravity acordeime dun par de pelis e cousas de astrounatas que me encantan.
Estar no espacio ten que molar. “Estar no espacio”. Si, ten que molar moito
Planetes
Goro Taniguchi, 2003-2005
Crónicas Marcianas
Ray Bradbury, 1950
Los marcianos descubrieron el secreto de la vida entre los animales. El animal no discute su vida, vive. No tiene otra razón de Vivir que la vida. Ama la vida y disfruta de la vida.
Misión a Marte
Brian de Palma, 2000
Earthrise
William Anders, 1968
Esta foto mítica tirouna un dos tripulantes do Apolo 8 o 24 de decembro de 1968 cando orbitaban sobre a Lúa. Non é que fora a primeira imaxe da terra desde o espacio, nin nada diso, pero cando se publicou foi a hostia, se cadra porque ao verse a superficie da lúa parece que nos vemos máis como “os outros”, intuímonos alleos ou algo así.
Por certo, que a primeira imaxe da terra desde o espacio é esta, fíxoa o satélite Explorer 6 en 1959. Saíulle borrosa.
Neste artigo de Spaceanswers fan un repaso por dez das mellores imaxes da terra desde o espacio.