O domingo vin un documental chulísimo na dúas, e como xa levo unha temporada coa idea de poñer aquí unha lista de documentais que me molaron, pois aí vai:

Foi o primeiro documental emitido en tve baixo licenza Creatve Commons, así que pódese ver, descargar e difundir libremente pola rede adiante (sempre que non haxa cartos polo medio). De feito, o propio documental é unha especie de metadocu, pois vai relatando o proceso de facer a peli baixo esas condicións: as xestións que tiveron que facer con tve, coa sgae, cos músicos, a licenza… Ademais diso a cinta tamén inclúe entrevistas moi interesantes a un lote de xente metida no debate. As entrevistas, incluso algunhas que non se ven no documental, pódense ver e descargar íntegras na web de rtve ou en copiadmalditos.blogspot.com, xunto co guión, fotos, e un montón de material. Está todo moi ben explicado e nun tono moi agradable tamén, a min aclaroume un lote de dúbidas sobre o tema dos dereitos e a industria. Moi recomendable para entender o tema.Unha das persoas que sae no documental é Pep Domeèch, un rapaz catalán de 14 anos que edita e mestura vídeos do tubo (recrea trailers de pelis con bonecos de lego, e seica tamén foi o que lle puxo os subtítulos do supermario ao vídeo do rapaz aquel alemán que toleaba literalmente xogando ao ordenador). Quedei flipada con el. Aquí podedes ver unha entrevista que lle fixeron hai xa máis dun ano, cando tiña só 13 anos, fedellando no movie maker como si nada. E aquí o seu canal de Youtube, pepefue
Outra das entrevistas que me molaron (unha das descartadas na montaxe final, pero puídena ver na web) foi a de José Pérez de Lama, alias Osfab, un profesor de arquitectura de Sevilla, se non recordo mal, que está emocionado co tema da arquitectura libre e cos chamados fablabs: fábricas a pequena escala, case domésticas, coas que podes deseñar e inmediatamente despois construír obxectos non moi grandes de madeira, metacrilato… Este profe montou un fablab destes na facultade, cunha fresadora, unha impresora láser e unha impresora en 3D para que os alumnos poidan construír alí mesmo as sillas, escritorios ou maquetas que eles mesmos deseñaron. (Por certo, que xa hai impresoras en 3D domésticas coas que calquera que controle o software de deseño CAM pode fabricar na súa casa, por exemplo, mini-darvaders de plástico, como neste vídeo) Moitas destas máquinas e dos programas que as controlan son de código aberto, e moitos dos arquitectos que as empregan comparten os seus deseños pola rede. Arquitectura libre. Ou hackitectura, como a plataforma na que anda metido este Osfab (que, por certo, ten unha pinta que parece que toca nos Planetas, íntimo de jota…). Isto do fabbing, di el, permitiría ir desmontando o capitalismo ao ser os traballadores os propietarios dos medios de produción. A entrevista con este profe pódese ver/baixar aquí.
Helvetica
(2007)

Baraka
(1992)

O director de Baraka, Ron Fricke, xa fixera tamén a foto da chamada trioloxía Gatsi: tres pelis con títulos estranos (Koyaanisgatsi, Powaggatsi e Nagoygatsi) que aínda non vin (pero estou a puntiño) e que tamén son secuencias de imaxes do mundo. Xa contarei. Polo momento Baraka (enlace a filmaffinity) é moi recomendable.
As Encrobas. A ceo aberto
(2007)

Aquí o trailer.
Unha cinta moi chula do amigo Bocixa e casi obligatoria para calquera mariñán (mariñán das mariñas), por poñer un mínimo.
The thin blue line
(1988)

O director é Errol Morris, un dos mestres do xénero polo que se di, e ten feito un lote de documentais bizarros, non vos perdades a súa filmografía.



Unha desas descubertas curiosas foi a do fósforo (ou sexa, cando se puido aillar o elemento, separalo de calquera outro). Descubriuno un alemán, Henning Brand, en 1675. O tipo era un deses alquimistas medio místicos e estaba intentando, atención, extraer ouro dos mexos humanos!! (como son da mesma cor…). Tan empeñado estaba no tema que lles pedía os mexos aos veciños, e chegou a xuntar 5o cubos de pis para os seus experimentos. Pois o caso é que fervendo no pis, condensándoo e algunha cousa máis o que atopou non foi ouro, claro, pero sí que aillou por casualidade unhas pedriñas brancas que viñan sendo fósforo.
Y tú, qué sabes?
(2004)

Se vos molan os documentais, havos prestar pasar por
naranjasdehiroshima.blogspot.com
Saúde!
Lo primero: indignado me hallo de non ver unha soa referencia a Zeitgeist.
Do último que vin os mellores son Inside Job e Exit through the gift shop.
Restrepo tamén está ben e é de Tim Hetherington o periodista que mataron a semana pasada en Ajdabiya.
Por certo eu agora estoulle dando a uns docus sobre a creación do universo por Stephen Hawking
Como me debo a mis lectores, me dispongo a repasar toda la saga zeitgeist. Eu só vira as primeiras, e creo que a primeira parte a perdera, e agora buscando na rede que xa tivo dúas secuelas, a última por certo estrenárona en internet hai un par de meses
Apunto tamén a de Restrepo
Hai un lote de documentais chulísimos por aí, se cadra fago unha lista en imdb e colgo, que está guai o das listas de imdb:
http://www.imdb.com/lists
Pi mandoche un blog que me recomendaron e sobre todo á hora da paparota na sección de cartografía, coitelo e tenedor marcan bos sitios para xantar.
Faltache o documental das multinacionais…non me lembro do nome.
Bueno, o blog
http://www.manuelgago.org/blog/
Gracias por las recomendaciones. Te recomiendo “Enemigos de la felicidad” que es un documental que resume la vida de Malalai Joya, una política afgana que defiende los derechos de la mujer en su país y que vive amenazada tanto por los talibanes, como por los miembros del Gobierno de Karzai, apoyado por Estados Unidos.
MULVAD, Eva: Enemigos de la felicidad. TV2 WORLD, Dinamarca, 2008.