Imaxinade a típica árbore xenealóxica de fillos, pais, avós, bisavós, etc. Vale, pois o debuxo de arriba é o mesmo, pero en vez de xeracións de humanos esta é unha árbore xenalóxica da vida toda, desde o primeiro microorganismo (unha triste bacteria perdida no océano aló polo 3.700.000.000 antes de Cristo) até as especies que habitan hoxe no planeta. Claro, unha árbore así é criminal, enorme, tan grande que se fose apaisada ocuparía un montón, habería que facer un tremendo scroll horizontal. Por iso está comprimida nun círculo, como se alguén collese os extremos (as bacterias e as arqueas, os primeiros ramais da vida) e os xuntase.
Con todo, esta árbore da vida aínda debería ser moitíiiisimo maior se incluíse a todas as especies do planeta, e non anda nin cerca. Aquí ‘só’ se detalla as ascendencia xenética de 3.000 especies, é dicir, o 0,18% do 1,7 millóns de especies que están catalogadas (con nome e todo), e menos aínda respecto dos dez millóns de especies diferentes que se calcula que existen no planeta pero que na maioría dos casos aínda non foron descubertas (déixaas tar…!)
En calquera caso, do que se trata é de representar o parentesco xenético de todas esas especies, a relación evolutiva que hai entre elas, e os antepasados comúns que compartiron ao longo de miles de millóns de anos. Nós, os humanos (homo sapiens), estamos onde pon “you are here”. Facede zoom e veredes. Veredes que o parente máis próximo, é o rato (mus muscullus)!!
E como saben todo iso? Pois se non entendín mal, os científicos colleron o ADN destas 3.000 especies e fórono comparando un a un. E como o ADN é unha sorte de reloxo molecular no que quedan as pegadas de toda a historia da evolución, desde hai 3.700 millóns de anos até hoxe, pois só é cuestión de botarlle paciencia (que es la madre de la ciencia!) e deducir que cambio xenético foi anterior a outro, ou que mutación derivou na seguinte, para saber que unhas especies ‘descenden’ doutras e que todas teñen un antepasado común: aquela bacteria solitaria do 3.700.000.000 antes de Cristo.
Esta árbore da vida (‘Tree of Life’, chamáronlle eles) é obra de David Hillis, Derrick Zwickl y Robin Gutell, uns científicos da universidade de Texas (oulleah, estamos trabahanduenyo!). Eu descubrina grazas ao libro Evolución, de Richard Dawkins, que estou lendo nestas últimas semanas, e que me está aclarando bastante conceptos sobre a vida, os xenes, a selección natural e todo ese lío.
Cando vin no libro a reprodución en miniatura da árbore e, sobre todo, cando vin as fotos de dúas zoólogas que se tatuaron as versións reducidas do diagrama (con só 86 especies ou grupos animais) no lombo, flipei. Pensei en imprimilo en plan poster, pero para poder apreciar as letras ten que ser nun papel de polo menos dous metros… se cadra aínda me animo! E aínda flipei máis cando fun á páxina web do tal Hillis para descargarme a árbore (o pdf do debuxo da árbore, enténdase…) e vin que, entre os museos, artistas, libros e tatuaxes que reproduciron a árbore, o tipo cita a dous profes do colexio Maristas, da Coruña, que o imprimiron en grande formato, con lupa e todo, para unha especie de día da Ciencia na rúa ou algo así. Hai fotos aí. El cosmos me llama!!!
p.d. Tería que revisalo, pero pa min que este é o post máis tempraneiro da historia de tododepende… unha entrada publicada ás oito da tarde!! e escrita dunha soa tacada!! nunca tal vin…
Un post muy interesante, a mi me encantó desde siempre la evolución, biología y sobre todo la paleontología. Que tal el libro de Richard Dawkins? Merece la pena leerlo? Vi un documental del inglés ese una vez, tiene buenas ideas pero estoy de acuerdo con la mayoría de las cosas que decía.
Un saludo wapa!