Ctrl+D

Ten 2 comentarios.

Unha novidade na miña barra de favoritos (Ctrl+D):

If we don’t, remember me.

É unha colección de gifs de pelis.

Os gifs son gráficos animados, como un lote de fotos montadas unha detrás da outra. Nesta web fano con secuencias de filmes, e acompáñanos cunha frase da peli en cuestión, máis nada. Bueno, si: o enlace á ficha do filme en imbd.com, outra páxina imprescindible.

O gif de arriba é de Persona, a peli de Ingmar Bergman. E a cita: “Your hiding place isn’t watertight. Life trickles in everywhere.”

Se vos mola, en iwdrm hai moitos máis, algúns chulísimos. Ademais actualizan varias veces ao día, algo rarro, rarro, rarro…

EDITO para engadir este outro gif, de Psicose:
Psicose - iwdrm

2 comentarios

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *