Concurso de blasfemias (homenaxe a Maruja Mallo)

Ten 8 comentarios.
maruja mayo@

O outro dí vin un documental sobre Maruja Mallo, unha pintora galega medio surrealista da quinta de Buñuel, Lorca, Dalí, Alberti e todos eses. Eu oíra falar dela, pero nunca chegara a descubrila, e realmente non ten desperdicio. Tivo moitas fases artísticas, fixo cerámicas, collages, cadros tenebrosos de esqueletos e cagallóns, logo escenas de verbenas que parecen talmente ‘amanece que no es poco’, debuxos de obxectos mariñeiros, naves espaciais…

Naceu en Viveiro e criouse en Corcubión, logo andou por Avilés, Madrid e París, metida de cheo no allo intelectual e republicano, e pasou a guerra e o que veu despois exiliada na Arxentina e Chile, onde fixo as súas famosas fotos chea de algas e onde pasou anos pintando conchas marinas e flores, emparanoiada coas proporcións e a xeometría da natureza -pintaba sempre con compás e cartabón-. Cando volveu a España acabou enganchanado co rollo pop, punk e coa movida toda (hai fotos dela con Andy Warhol en Madrid); morreu en 1995. Din os expertos que é a pintora española máis destacada do século XX.

marujamalloracimodeuvas011Pero entre o que contan os que a coñeceron e os fragmentos dun par de entrevistas que lle fixeran na televisión (viviu até os 87 anos), no documental vese claramente que, ademais de artista, a muller era todo un personaje, unha especie de Marujita Díaz da vangarda. Gústabanlle os cantos gregorianos, as viaxes espaciais e a quinta dimensión, e falaba sen parar de todas esas cousas, sobre todo por teléfono (varios amigos recordan que quedaban durmidos cando os chamaba Maruja). Excéntrica e narcisista, ía sempre toda pintadísima e encantáballe contar batallitas da súa época con Dalí, Buñuel e Lorca (seica moi influenzados pola obra de Maruja Mallo), cos que recorría Madrid de sarao en sarao. Unha destas historias, y he aquí la cuestión, conta que aló polos anos 20 Maruja gañou un concurso de blasfemias nun bar, e por unanimidade. O documental non revela que foi o que xurou Maruja para gañar tan de calle, e tampouco fun quen de atopalo pola rede, pero o do concurso de blasfemias pareceume unha idea guai e púxenme a investigar.

Resulta que antes de Maruja Mallo outros artistas como Stevenson xa eran coñecidos por gañar concursos de blasfemias na Escocia do século XIX, e agora, moito despois de Maruja Mallo, hai organizacións internacionais de pensamento racionalista como o Center for Inquiry que organizan certames de xuramentos online e que mesmo están intentando promover o Día Mundial da Blasfemia.

 

Sen chegar tan lonxe, sen ningún ánimo de ofender e como homenaxe a Maruja Mallo, pi-tododepende presenta o seu PRIMEIRO CONCURSO DE BLASFEMIAS: para participar só tedes que deixar o voso exabrupto favorito nos comentarios. Non ten por que ter connotacións relixiosas, nin moito menos. Abonda coa mala hostia. De feito, propoño limitarnos á clásica pero sempre vixente e nutrida serie dos “me cago en…”. Gañará o máis besta de todos.

Aí vai a miña aportación. Non é moi brutísima, pero sempre me gustou: “Me cago na cona que te botou / que te dou”

E a modo de inspiración, deixo a mítica gravación do tipiño que se volve loco porque non lle levan o formigón a tempo á obra. En menos de dous minutos cágase máis de 20 veces en dios, e outras tantas nas estrellas, no firmamento, na virgen do carmen… Se nunca o oístes, xa lle estades dando a o play.

Xa había moito tempo que non se xogaba a nada por estes lares… E iso non pode ser!!

p.d. O documental titúlase ‘Maruja Mallo. Mitad ángel, mitad marisco’, dirixiuno Antón Reixa e pódese ver aquí, na páxina web de ‘imprescindibles’, o programa de tve2 onde o emitiron a semana pasada.

8 comentarios

  1. Me caguen la pasión!!! ou outro que non entendo moi ben pero que me recorda moi bos tempos: Me cajo na puta estrepia!! Saúdos!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *