O meu Morente

Ten 1 comentarios.

Hoxe deume moita pena a morte de Enrique Morente. Omega, o disco que fixo con Lagartija Nick, non só é un dos máis importantes da música española, senón que é como se fora meu, parte de min. Porque está todo enleado, como a trama de Lost, con outros sonidos, historias e personaxes que tamén forman parte de min, como Leonard Cohen, Los Planetas, Jeff Buckley…

E porque a música de Omega é flipante. Batería e lamentos.

O vídeo é unha montaxe do videoclip orixinal da canción que fixo Cohen en 1987, First we take Manhattan (inspirada nos poemas que escribiu Lorca en Nova Iorque en 1929), coa música da versión que fixo Morente para o Omega en 1993, e que o de Graná titulou simplemente Manhattan. Xa epliquei os detalles deste estimulante lío nun dos primeiros post que publiquei aquí, titulado ‘A cuadratura do cuadrángulo‘. Creo que paga a pena (re)lelo, incluso sen parénteses.

O único que aínda vive dos catro é Leonard Cohen. Seguro que a el tamén lle deu pena o de Morente.

1 comentario

  1. Hoxe dicían en radio3 que Morente, un flamenco de 69 anos, escoitaba todos os días ‘Siglo XXI’ (tremendo programa de música eléctronica e moderneces) tomando notas dos grupos que lle ían molando para comprar despois os discos todos. E que andaba de carpa en carpa polo último Primavera Sound ás tantas da mañá.
    Non tiña refixeiro

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *