Ciudad K

Ten 1 comentarios.

Tedes que ver Ciudad K. É un programa novo da dúas. Un programa de sketches. E tenme feita unha friqui.

Todas as esceas do programa están gravadas en Ciudad K, que vén sendo a cidade con maior coeficiente intelectual do mundo. Os K-nianos son tan listos que patentan a nada absoluta e van a puticlús de teoría económica. Nas perruquerías as xubiladas discuten sobre os emos e os grunge ou len novelas vangardistas, e os nenos fan psicoanálise. A policía de Ciudad K pode multarte por ultracorrección lingüística (ou explicarche amablamente por que os homes teñen pezóns), o tecno e o reggateon están prohibidos (castíganse con até catro anos de Paulo Coelho) e o dogma é a última tendencia nas relacións persoais. Alí están convencidos de que o xadrez é opio do pobo, e o patrón das festas é Chomsky. As folgas dos servizos de limpeza convértense en performances e os antisistema dan pasantías. Que tamén ven a televisión, cuidao. Pero o culebrón de moda en K-TV chámase ‘Amor Cuántico’ (está ambientado nas instalacións do CERN), e as entrevistas a polemistas profesionais son líderes de audencia.

Aí van un par de vídeos. Non son os mellores, pero están en branco e negro. E ademais necesito axuda co segundo. Sei que está inspirado en Ingmar Bergman, pero como nunca lle vin unha peli e tampouco falo sueco… pois necesito, outra vez, que alguien me lo explique.

1 comentario

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *