Que alguien me lo explique por favor

Ten 2 comentarios.

O da evolución, os xenes, as mutacións e a selección natural. Non me entra, non hai maneira.

Non acabo de pillar como é que se transmiten as melloras evolutivas de xeración en xeración. O conto das xirafas, por exemplo. Antes non tiñan o pescozo tan longo. Pero ao cambiar tiveron que aprender a esganarse para chegarlle ás follas das árbores altas. Supoño, que coma en todo, unhas xirafas aprenderían máis rápido ou con máis facilidade ca outras. Algunhas serían máis fortes ou musculosas como para se estirar con máis xeito co resto. E supoño que, claro, esas xirafas privilexiadas foron as que sobreviviron na maior parte dos casos, mentres as súas compañeiras tirillas morrían de fame. Vale, iso é lóxico, é a selección natural. Até aí todo vai ben. Pero por que se supón que as fillas desas xirafas ‘preseleccionadas pola natureza’ van nacer co pescozo máis longo do que o tiñan as súas nais ao nacer? É que a ‘adaptación ao medio’ se plasma nos xenes así no medio da vida dun, coma se os teus cromosomas puideran mutar mentres vives, e logo transmitirlle esa mutación aos teus descendentes?

Ou é todo froito de mutacións aleatorias, de alteracións inexplicables e totalmente azarosas no ADN dun único exemplar que, por pura casualidade, resultan serlle útil para sobrevivir?. Ou sexa, que no mundo das xirafas baixas, de repente un día naceu unha xirafa deforme cun pescozo moito máis longo do normal, co que aprendeu a comer no alto das árbores. Esa xirafa deforme e todas as súas descendentes, que herdaron a mutación, sobreviviron fronte ás xirafas conformes durante xeracións e xeracións, até que todas as xirafas do mundo acabaron sendo descendentes da xirafa deforme. Coma todos nós coa nosa tátaratátaratátaranai africana.

E non será máis ben que todo ese conto da evolución non é máis que, digamos, acumulación de coñecemento?: os fillos aprenden dos pais (e da tele e derivados), van mellorando a técnica para adpatarse ao medio (ou mesmo para adaptar o medio a eles) e… bueno, non sei… simplemente é natural que o fagan cada vez mellor e que todos o fagan así, ou non? Quero dicir, que todo está cambiando sempre, como o río de Heráclito… acaso iso non é evolucionar?

E agora, para rematar: como é a evolución dos humanos de hoxe en día, onde está? Podería haber mutacións radicais dabondo como para determinar por si soas que algúns morresen ou outros non? Aí atrás falárase de que con tanto teléfono móbil estaban mudando os xenes que controlan os pulgares (“os xenes que controlan os pulgares” ¿¿?? se me escoita blanco, o meu profe de ciencias na laboral… ), que as novas xeracións xa tiñan máis capacidade de movemento no dedo ou algo así… ejem… mellor calo xa.

Se alguén fora tan amable de explicarmo así fácil e rápido, para que eu o entenda…

2 comentarios

  1. ¿E tardaría o mesmo en aprender a teclear nun ordenador a unha velocidade aceptable un rapaz nado no 1980 que outro nado no 2020, á mesma idade e sendo a primeira vez que toca un teclado? Eu non teño explicación a todo iso, pero si que ten que ser certo o das melloras evolutivas. Bueno, ¿melloras?
    O que eu non entendo é por qué se a orixe do ser humano está en seres que subían aos árbores cunha axilidade insuperable e hoxe non o facemos así (nin moito menos), falan de ‘melloras evolutivas’ os científicos…

  2. Siii quen nos dera andar todos lixeiros polas arbores adiante!!!! Cual baron rampante
    Claramente iso foi un atraso
    o de baixarnos da pola

    Joe est merda non ten til ou que?

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *