Dúas actualizacións en pouco máis de 24 horas!!!! estamos que lo tiramos señoreeessss…
bueno tampouco hai que emocionarse, que non son máis que dous ciberretais. E un deles plagiao a saco do compañeiro coltra. Aí van:
– No xa mentado e ultraútil sitio coulourlovers din cunha serie de imaxes de vistas aéreas de barrios residenciais. Son dun artista canadiense, Ross Racine, asentado en Nova York (fijo que ten un loft en Manhattan). En realidade non son imaxes, senón debuxos feitos a man directamente no ordenador, coa tableta e photoshop. Sen fotos nin escaneaos. Só debuxar, e logo copiar, pegar, clonar, recortar, contrastar… un lote de infinitivos. A primeira vista, sobre todo algúns deles parecen reais, a que si? eu pensei que era wisteria lane, ou a vila de eduardo manostijeras. Podería ser, pero non. Só son as pallas mentais do amigo Ross (será un home, digo eu, como o Ross de Friends non?) que, segundo explica na súa web, pretende así misturar os conceptos do feitoaman e do tecnolóxico, do mecánico e do orgánico, do físico e do virtual. E tamén darlle un toque de ciencia ficción, di. O caso é que me gustaron, e como están en branco e negro… pois chachi!


– O apunte roubado de coltra é unha web que non ten perda: Awkwardfamilyphotos.com Vén sendo un álbum de fotos familiares, desas que teñen un lote de anos e que meten medo cando as ves, pero a lo bestia, con imaxes que manda xente de todo o mundo. Tamén hai unha sección de fotos de mascotas. Até que me puxen a escribir, eu levaba como 40 minutos revisándoa e escarallándome soa. En parte debe de ser polas pintas ochenteras da maioría das imaxes, pero é que hai algunhas que meten medo… a do neno disfrazado de arlequín (?) é un crime. A web está tendo tanto éxito que xa publicaron un libro coas mellores fotos e van camiño do segundo. Deixo aquí algunhas boísimas. Facede clic na foto para velas en grande. Ou mellor, clic aquí para ir á web e perdervos soíños. Que ya somos mayorcitos.


Este apunte dedícolla a alapont ou a la pont (parece un trabalinguas pero non o é), que seguro que lle gustan estas fotos familiares tan horteras. E a falta da prometida análise final de perdidos, polo momento éche o que hai.
Por certo, que eu teño unha prima de Nova York que todos os anos fai unha foto familiar co home e as fillas e logo mándanola como postal de nadal. Non chegan ao nivel das desta web pero tamén están curiosas.
im-presionante documento (o de facer dous post en 24h xa é de tripi)… por certo para que te animes: http://www.laopinioncoruna.es/television/2010/08/05/minuto-epilogo-perdidos/408383.html
que bueno!!!
eu estou pensando seriamente en pillarme a caixa esa completa, cueste lo que cueste… y va a costar mucho, seguro! pero que carallo viva el friquismo!! e pa que logo me chamen pirata…
Pilar. ¿Has cambiado de email? Porque te he escrito varias veces a la dirección de correo electrónico que tenías el año pasado y nunca me has contestado. ¿Qué tal va todo por La Opinión?
Un beso para todos.
Fátima (la becaria del año pasado).