Non hai moito vin unha desas pelis chulas sobre homes ermitaños e natureza, desas que te fan sentir moi ben e moi mal ao mesmo tempo. Moi ben porque sentes o poderío das montañas e do silencio, flipas coas paisaxes e dáche ganas de vivir así, bañándote espida no río, cazando e comendo o que che dá a terra. E moi mal porque te preguntas, pero se quero vivir así porque carallo non vivo así?
A peli esquizofrénica en cuestión era ‘As aventuras de Jeremías Johnson’. Un clásico, seica. Si, seguramente xa a tiña que ter visto. Ou iso din os listillos todos. Bueno, pois xa a vin, contentos? E o certo é que é un filme chulísimo. E non só porque o prota sexa Robert Redford…
Conta a historia dun cazador que vai vivir ás montañas Rocosas, durante a segunda metade do século XIX. Daquela levábanse moito os sombreiros e abrigos de castor e esas cousas, había moita demanda de pelexos en Europa e América, e por iso moitos homes decidían botarse ao monte, daquela aínda case virxe, para vivir da caza. Logo todo iso perdeu sentido ao chegar a moda, a seda e o pijoteo todo.
Jeremías Johnson era un deses homes. Foise buscar a vida ás montañas e acabou xuntándose cunha india. A ela matárona un día uns indios da tribu dos Corvos, que desde entón se converteron nos maiores inimigos de Jeremías. Aínda que iso (o dos fígados) non se ve na peli, din os contos que por máis de 15 anos o tipo dedicouse a perseguir e matar Corvos (nótese la mayúscula) polas Rocosas adiante para comerlles o fígado en cru como vinganza. Segundo esas lendas, o comedor de fígados, ou o asasino de corvos (os alias do tal Johnson) acabou alistándose no exército cando a guerra de secesión e chegou a ser sheriff en Montana. Morreu nun hospital en 1900, din. Hoxe é unha das figuras míticas da tradición oral americana.
En fin, que a peli está moi chula. Remata con este diálogo entre Jeremías e outro cazador-ermitaño curioso co que se atopa en varios momentos da peli:
A foto disque é del, pero eu non me fago cargo.