mañá serei como jacob

Ten 1 comentarios.

quedan menos de 11 horas para o capitulo final de perdidos

o tempo xusto para repasar toda a sexta temporada e chegar as cinco da mañá coa historia de jacob e familia ben fresquiña

e mañá mesmo habera q comezar (outra vez, e xa van tres ou catro) polo 1×01, polo principio do principio, polo ollo de jack na leira de bambú

porque en perdidos hai que esperar ate o último capitulo da ultima temporada, e eu diría que até o último minuto, para entender ben o primeiro

así de grande é lost

e así de colgada estou eu

mañá serei unha persoa diferente.

mañá saberei todo o que hai que saber. compartirei todos os segredos

serei como jacob, e como a súa nai, e como jack

teño que protexer a luz

AÍ VOU!!!!!

1 comentario

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *