As illas Hébridas

Ten 2 comentarios.
hebridas4_714x475

A National de xaneiro traía unha reportaxe moi chula dunhas illas máis chulas aínda: as Hébridas. Son todos eses arquipélagos que rodean a costa occidental de Escocia, desde os máis pegados a Irlanda (as Hébridas interiores) até os que se meten de cheo no Atlántico norte (as Hébridas exteriores).

Nalgunhas das interiores vive xente, hai cidades e destilerías de uisque e a xente comunícase sobre todo por mar, a lancha é o transporte máis común nas familias. Tamén hai círculos de pedrolos, tipo Stonehenge, pero máis vellos aínda, como o de Callanish, na illa de Lewis. E covas mariñas, como a de Fingal.

Nas Hébridas exteriores está o arquipélago de Santa Kilda, as illas máis afastadas da Gran Betraña. Son catro illotes (Boreray, Hirta, Soay e Dün) canijos pero preciosos, polo que vin por aí, declarados Patrimonio da Humanidade nos anos oitenta. Malia estar en pleno océano bravo, estiveron habitadas durante 4.000 anos, até o 29 de agosto de 1930. Ese día, e logo de varias décadas de emigración a Australia nas que a maioría morrían polo camiño, os apenas 30 veciños que quedaban en Santa Kilda acordaron marchar para Escocia, e xa non volveron máis.

fingal
paxaros

Só quedaron os paxaros.

st-kilda-boreray

As fotos desta reportaxe, titulada ‘O confín do mundo’, e asinada por Lyne Warren na tinta e Jim Richardson no obturador pódense ver aquí, na nova web da national en español, que por certo está moi ben. E eu porque son moi estricta con isto do branco e negro no blog, pero o propio era poñer as fotos en cor, que son unha pasada.

A verdade é que a National Geographic é unha revista tremenda. No número de marzo falan, entre outras cousas, das liñas de Nasca, eses debuxos xigantes de animais, espirais e homes trazados aos pés dos Andes, no deserto do Perú, hai máis de dous mil anos. Como catedrais pintadas no chan. E na revista de febreiro o tema era a biónica: prótesis e aparatejos que emulan brazos, pernas, oídos e ollos e que se moven polos estímulos eléctricos que o membro ausente aínda xenera no cerebro.

muller-bionica-home-de-nasca.png

Estas  dúas fotos así xuntas fanme pensar nos conceptos de progreso e evolución.

2 comentarios

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *