Pronto colgarei unha análise minuciosa da serie, pero sobre o capítulo direi que estivo “ben”. Algo claramente insuficiente para unha premiere. Máis aínda, para a premiere da última temporada. Podían telo feito doutra forma, currarse un pouco un golpe de efecto ou algo. Onde queda aquel arranque mítico e quitahipos da segunda temporada, con desmond na bici estática e pinchándose sabe dios que… ata que de repente treme a terra???
En fin, estivo ben, pero podía estar moito mellor.
Gustoume máis o segundo có primeiro