Hut hut hut!

Ten 6 comentarios.
o-melon

A miña última teima é o fútbol americano, ese no que os xogadores levan cascos tremendos, hombreiras tremendas, mallas e culi-pi-fora, e o balón ten forma de melón. Ese no que se dan unhas hostias flipantes. O da superbowl e a teta de janet jackson.

O deporte é unha mezcla de fútbol e rugby. Trátase de levar o balón até o fondo do campo contrario a base de turrar correndo con el, pasalo e bloquear os defensores facéndolles placaxes nas que vale case todo.

Os partidos estrutúranse en xogadas a balón parado nas que un equipo ataca e o outro defende. Cando un equipo está atacando, ten once xogadores no campo, e cando lle toca defender, outros once distintos. As formacións ofensiva e a defensiva funcionan case como equipos distintos, con entrenadores exclusivos para cada unha. E cada vez que o balón ou o xogador que ten o balón cae ao chan ou sae do campo, párase todo e comeza unha nova xogada.

O equipo atacante ten catro xogadas (ou downs) para adiantar o balón polo menos dez yardas (9,1 metros) en total. Se o conseguen, a conta volve empezar no primeiro down, e así seguido, de dez en dez yardas e de catro en catro downs co obxectivo de chegar ao final do campo, que en total mide cen yardas. En canto non dean feito dez yardas en catro xogadas, pasa o turno ao equipo contrario, que empeza a atacar onde quedara a bola. Canto máis avance un equipo, máis camiño ten que andar o rival para anotar e viceversa infinita.

O gol pode entrar dun patadón por unha especie de portería aérea (un field goal, que vale tres puntos) ou cruzando a liña de fondo co balón na man, que é o máis habitual. Isto último chámase touchdown e vale seis puntos. Cando un equipo fai touchdown, e noutros casos tamén, ten a opción de lanzar un patadón e sumar un ou dous puntos máis.

A situación do balón en cada momento marca unha liña imaxinaria no campo que separa os dous equipos. Máis aló desa liña, os que atacan non poden pasar o balón cara adiante, só poden avanzar con el nas mans. Así que só lles queda turrar. Turrar e turrar a base de cabezazos no estómago, placaxes brutais e abrazos de oso. Ou facer pases longos desde o seu campo para que reciba algún balilla e bote a correr.

joe-montana

O quarterback é o líder do equipo. É o xogador que fai os pases largos e precisos. Tamén é o intermediario entre o entrenador e o resto dos xogadores no campo; o míster dille a el a xogada polo walkitalki e el cántallela aos compañeiros despois. O quarterback máis mítico da historia é Joe Montana, xa retirado, que xogou en San Francisco. Ser o quarterback titular (QB1) es lo más.

Os que fan carreiras largas co balón son os runningback. Son baixiños e rapidísimos. Para esquivar os defensores, os runningback dan uns reversos chulísimos sen perder equilibrio nin velocidade, como se bailaran en carreira. Tamén hai xogadores especialistas en recepcións aéreas, outros que controlan a esquina ou os que só patean a bola (os kickers, como un marabilloso as kicker). E logo están os tackles, os jamaróns que protexen aos compañeiros bloqueando os defensores.

Ademais de forza, o fútbol americano é unha auténtica movida de estratexia e chapatoria: Hai un movemento distinto para cada xogador en cada xogada, e os entrenadores teñen un libro top secret con nomes en clave e códigos para todo. Por exemplo, se berran “¡¡43, blanco, troyathunder!! (jeje vaia clave máis molona me saiu) se cadra signfica que o quarterback ten que amagar o pase, virar á esquerda tres pasos, aguantar o balón dous segundos e logor mandala á esquina, onde estará esperando algún receptor. E tamén berran seguido “¡hut, hut, hut!” para indicar cando arranca a xogada e teñen linguaxe de signos entre eles. Os xogadores teñen que memorizalo todo e levan chuletas nos antebrazos dos traxes.

football

Nos EUA o fútbol americano é unha locura. Os institutos teñen equipos patrocinados de cinco ou seis entrenadores aos que fichan e despiden e que cobran moito máis que os directores do centro. Os xogadores teñen animadoras particulares que lles fan os deberes, van gratis ao cine do pueblo e a toda canta festa hai. Os axentes e os patrocinadores andan detrás dos rapaces desde que teñen 15 anos, malia que non poden ter espónsores e teñen prohibido recibir regalos mentres non son profesionais. E o que sae nas pelis das bolsas de estudo para os bos xogadores e malos alumnos, é tal cual na realidade. As cadenas nacionais retransmiten os partidos universitarios e xa na liga profesional, pois claro, xa está todo volto do revés, un negocio total, un desfase.

O que me meteu a curiosidade por isto do fútbol americano foi unha serie, ‘Friday Night Lights’. É dun equipo dun instituto en Texas, os Dillon Panthers. Os protas son o entrenador e a súa familia, os xogadores e as súas mozas. Si, parece chunga, pero dígovos que é unha boa serie de adolescentes, si señor, aínda que ten fases. A serie está baseada nunha peli que fixera antes o mesmo director, Peter Berg, 2004, titulada igual e cunha trama similar. Vina o outro día e tamén me gustou, pero o actor que fai de entrenador na serie (kyle chandler) dálle mil voltas a billy bob thorton na película. Agora acabo de revisitar ‘Un domingo calquera’, de Oliver Stone. E ultimamente vin varias recompilacións de xogadas, golpes e cousas de fútbol americano en YouTube (aquí hai unha boísima, aínda que a imaxe non ten moita calidade). Pero o caso é que aínda non vin un partido de verdade. Un paradigma do que pasa con case todo hoxe en día. Sabemos de todo pero en realidade non temos nin idea.

De todos os xeitos, os partidos televisados duran case catro horas, porque hai pausas seguido, os equipos cambian de campo dúas veces, e nos descanss póñenese a rezar e o míster bota un discursiño e tal.

black-towers

E veño de enterarme grazas á gran rede que na Coruña xa hai un equipo de fútbol americano!!! Son os Galicia Black Towers, e xa están xogando na liga portuguesa. Polo que leo por aí, o equipo naceu dunha mezcla duns tal Black Thunder de Teo e os Coruña Towers. Entrenan en Santiago e no campo da Torre. A equipación é negra coas letras en azul metálico, moi chula. Esta é a súa páxina web, e aquí esta o vídeo do seu primeiro partido en Portugal, non hai moito tempo, contra un equipo de Lisboa.

Tamén me entero por aí de que hai unha modalidade de football máis light, o flag, no que en vez de placaxes hai que tirar dunhas bandeirolas que levan colgadas os xogadores no traxe. Pode estar ben para empezar, pero a min o que molaría é xogar de verdade ao fútbol americano e poder derribar a un así a lo bestia, lanzarse a por el no aire, arrebolarse polo chan co balón, correr pola banda a toda hostia, enlamarme toda, facer os corrillos chovendo a chuzos, berrar as xogadas e celebrar os tantos en plan animal.

6 comentarios

  1. Pois moitas grazas pola columna dedicada a este deporte e polo espazo que nos dedicastes aos que practicamos fútbol americano en Galiza.

    É un pracer ver que o fútbol americano chega a todo tipo de xente e afeccionados. Dende a Asociación Galega de Fútbol Americano, sabemos que este deporte gusta moito e tentamos botalo adiante en lugares onde hai nada de tempo non había absolutamente montado. Iso sí, con axudo de equipos amigos como Gijón Mariners.

    Pois nada, despídome invitándote aos nosos partidos. O próximo partido na casa é o sábado 13 de febreiro, aínda que atoparás información completa na nosa web a medida que se achegue a data. ¡Anímote a vir ver os nosos partidos! Non teñen pérdida e ademáis se vas con outro afeccionado deste deporte son unha verdadeiras festa.

    En fin, que moitísimas grazas e bueno, como dixestes poderedes atoparnos na nosa web: http://blacktowers.es

    Saúdos.

    Abel #81 Black Towers

  2. Boas, deixo esta web (en castelan)http://www.terra.es/personal/dperezg/home.htm onde se explica o necesario para comprender o xogo perfectamente dunha maneira moi simple, corta e amena.

    Esta web axudounos a comprender este deporte a moita xente, agora ten publicado un libro que recomendo a sua lectura.

  3. Joder con la serie!!Veo que te dio fuerte con el futbol americano!!
    Pues te recomiendo que le eches un vistazo a esta web de la Lingerie Bowl que te enseña lo más “bonito” de este deporte
    http://www.lflus.com/

    Es que los yanquis son unos cracks!!

  4. pois a min o fútbol americano me parece aburridísimo. un día quedei a ver a superbowl e o único que recordo son anuncios.

  5. Pues a mí el fútbol americano me parece un deporte de nenazas, con tanta protección. Si tan machotes son que lo practiquen sin casco, sin hombreras y sin coquera, como en el rugby (deporte de villanos que juegan como caballeros, al contrario que el fútbol, deporte de caballeros que juegan como villanos).

  6. La diferencia entre usar o no protecciones radica en que a diferencia del rugby, en el football los placajes se hacen a mayor velocidad e intensidad, ademas se puede placar todo el cuerpo menos la cabeza, aunque puedes golpear con tu casco el suyo. en cuando a lo de si es de caballeros o no.. dudo al ver gente con marcas de tacos clavados en la cabeza.
    pero para despejar dudad lo mejor es un estudio cientifico de la situacion
    http://www.youtube.com/watch?v=W7tGY-VDx3o
    la armadura y el casco son tan protecciones como armas

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *