Os mellores romeriódromos de Galicia

Ten 3 comentarios.

image004
Estes días descubrín dous lugares perfectos para ir de romería, no sentido amplo do palabro (calquera actividade que teña un toque musical con moita xente e ao aire libre). O primeiro foi o parque de Castrelos, en Vigo. Non o coñecía, e que mellor ocasión que o concerto de Leonard Cohen. Facía un día precioso, e botamos a tarde e a noite sentados nas bancadas, que están moi preto do escenario, que son de acceso libre total e ademais teñen sombra. Aínda que acabamos co cú algo durecho (para a próxima levamos coxín), a verdade é que e un sitio flipante para facer concertos, e ademais de gratis!!! Merece un notable alto.

image002

O outro gran romeriódromo que descubrín foi o campo de Guísamo, onte, no festival folk no que, por certo, tocou Gwendal. É todo un souto cheo de árbores, algo tendido de lado a lado e coa mellor herba que recordo para sentar. Brandiña e quente, mmmm. E ademais tamén facía unha noite tremenda, a caña estaba fresquiña, a xente coñecida… mmmm….

Pero ten que haber máis romeriódromos. Ben deles.

Teño entendido que a carballeira de Zas, onde fan o festival todos os anos, tamén é unha pasada, como unha especie de anfiteatro natural. Nunca fun.

E na praza da Quintana, en Santiago, tamén teño ido a algún concerto e estar alí como dios, arriba nas escaleiras ou abaixo, á sombra da Berenguela.

E agora non se me ocorren máis, pero ten que haber, ten que haber…

p.d. a segunda foto, a de guísamo, está ‘prestada‘ de flickr. graciñas vichelocrego!

3 comentarios

  1. A carballeira de Caldas onde fan o Cultura Quente que tamen é un sitio moi bo para os concertos, os mellores sitios que coñezo para festivales (ainda que fora de Galicia os dous) son Paredes de Coura o lado do rio e o do Contempopranea en Alburquerque os pes dun Castillo

  2. No te vayas tan lejos , PI. No hace falta salir de Coruña para disfrutar de unos grandes ”Romeirodromos”.
    Seguro que recuerdas los grandes conciertos en la Playa de Sta. Cristina (Mike Oldfield-Luar na Lubre) o año tras año el Noroeste ,en la playa de Riazor.
    Otra cosa es , el que sigamos disfrutando de buenos conciertos y buenas ”romerias” , pero el sitio , sigue ahi.

  3. botando un vistazo por blogs.
    este teu chamoume a atención ¿polo qué?,
    polo depende
    (fun fisgar na presentación)
    unha boa maneira de empezar.
    a ver se veño con tempo a mirar con xeito.

    un saúdo

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará