Marisol Paino

Ten 1 comentarios.
marisol-paino (1)

Hoxe toca deporte. Mellor dito, deportista: Marisol Paino, unha das mellores xogadoras do baloncesto de España.
É a que sae na foto voando.

Xogou no Celta desde o 76 até o 82, a época dourada do clube vigués. Nesas seis temporadas, gañou tres ligas e foi finalista nas outras tres. No partido de debut en Vigo meteu 20 puntos. No seguinte, anotou 37, e logo 24. Foi a máxima anotadora varias temporadas. E internacional vintepico veces. Seica tiña un tiro en suspensión tremendo e un xogo rompedor para o baloncesto da época. Din que era unha das mellores de España.

paino2.jpg

Pero o caso é que ela tivera un desarreglo hormonal ou algo así, e como tiña pinta de home e era unha crack, pois todo o mundo se empeñou en que se fixera os test de sexualidade. Bueno, todo o mundo non, porque malia o acoso de José María García e dalgúns directivos do baloncesto catalán, Marisol sempre tivo o apoio das compañeiras e da afición. Ela resistíase a pasar os controis hormonais, o que lle impedía xogar partidos oficiais coa selección. Creo que acabou tendo un follón legal co Celta, e que a federación sacou da manga unha norma para non deixarlle xogar nin sequera en segunda división, co Xuncas de Lugo, se non pasaba polo mullerómetro.

Total, que ao final non volveu xogar, retirouse no 85 e foise ao carallo a carreira dunha fenómena só porque unha máquina non puido demostrar que era unha muller.

EN SERIO NECESITAMOS MÁQUINAS PARA ISO?

Oín falar de Marisol Paino (por certo, é de Valladolid, pero creo que aínda está por Vigo entrenando) a conto da surafricana que vén de gañar os 800 en Berlín, Caster Semenya, e que é ‘sospeitosa’ de ser home. Ou diso, ou de ir dopada. Eu diso non sei nada, pero sabedes a quen se me parece? a Jimi Hendrix. A que si?

 

caster-jimiOutro porcerto: tracei este perfil de Marisol Paino (ou Pahino, ou Paíño, non está moi claro) cun lote de cousas que atopei en internet con permiso do código deontolóxico. Ah, tremenda a hemeroteca que ten online o diario ‘Mundo Deportivo’.
E xa que vai de basket feminino, aquí deixo o link do primeiro mate que se fixo na WNBA, a liga de mulleres dos EUA. Foi Lisa Leslie, en 2002, xogando en Los Angeles Sparks contra Miami. E aquí o de hai uns meses dunha rapaza no campeonato junior(!!!) de Canarias. E seguindo máis ou menos no mesmo nivel, aquí deixo a foto dun equipo que tamén pasará á historia.

p.d.–xa me dou eu misma a autobenvida ao meu blog myself.

1 comentario

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *