Dúas clases de persoas

Ten 11 comentarios.

Un día escoitei que O MUNDO DIVÍDESE EN DÚAS CLASES DE PERSOAS: AS QUE CREN QUE O MUNDO SE DIVIDE EN DÚAS CLASES DE PERSOAS E AS QUE NON.

Eu prefiro pensar que son do segundo grupo, aínda que iso é unha contradicción, claro… jeje.. encántame os dilemas. En fin, a verdade e que, á parte do fútbol e a política, si que hai cousas, pequenos detalles da vida, que diferencian e definen ás persoas. Digamos que os humanos poderían dividirse en ligas e clubes de cousas cotidianas:

1.- A) Os que empezan a ler o periódico por diante B) Os que empezan pola contraportada.

2.- A) Os que comen a carne dos callos B) Os que só queren garbanzos.

3.- A) Os que toman aspirina B) Os de espirifren e outros combinados de ibuprofeno

4.-A) Os que din pisa (ou pitsa, máis ou menos) B) Os que din piza (con zeta de zapato, zudre e zacarías)

5.-A) Os que len no baño (cagada lenta) B) Os que non soportan que lles enfríe o cu (fast shit)

6.- A) Os que piden os cubatas de whisky B) Os que beben ron

7.- A) Os de ano tímido B) Os de mente aberta. É dicir, os que só cagan na casiña e os que non teñen reparos cando apreta.

8.- A) Os que gardan o pan de molde na nevera B) Os que non

9.- A) Os que cantan no coche B) De verdade hai alguén que non cante no coche? nin na ducha?

10.- A) Os que ven ‘Perdidos’ B) Os que non —sinto ser tan friki…—

Hai quen, co tempo que todo o cambia, muda de categoría. Pero nun momento determinado ou estás dun lado ou do outro.

Eu, por exemplo, son 1A, 2A, 3B, 4A, 5B, 6B, 7B, 8A, 9A, 10superA.

E vós?

11 comentarios

  1. Qué bueno este post, me ha encantado lo de cagada lenta, yo también lo digo… yo en ese caso me decanto por la opción B jaja

    Eso sí, me temo que mis rarezas hacen que no esté incluída en muchas categorías… yo no tomo ni los callos ni los garbanzos (si tomo cualquier cosa con comino muero lentamente jaja), no pido cubatas de nada, no canto en el coche ni en la ducha… y bueno, en la del periódico supongo que es la opción B… cuando lo leo claro jajaja

    1 beso Pi, a ver si me paso un día a saludaros ;)

  2. Moi boa, pero mellor que non o descubran os partidos políticos, que logo andarían a prometer baños quentes ou cubatas de ron para todos.
    As miñas son 1A, 2A, 3B, 4A, 5A, 6B (aínda que son máis de kalimocho), 7B, 8B, 9A (sempre!), 10… B (síntoo eu, que resisto como unha campiona).

  3. jajajajajaja
    Deberías plantexarte a idea de facer tres grupos en lugar de dous… xa verás por qué…
    1A
    2 ningún, son vexetarianaaaa!!! e non como callos con sabor a carne de porco ¬__¬
    3 ningún, a miña migraña palpitante e o insomnio non me permiten tomar moitos medicamentos…
    4 A
    5 A jajajaja, esta é moi boa ^__^ eu son das de cagada lenta con lectura, jeje
    6 ningún, sonche abstemia, vamos, do máis raro do mundo.
    7 B
    8 B
    9 A
    10 AAAAAAAA moito máis AAAAA

    Vamos que o dos grupos… non che sei, máis ven confluencias en certos aspectos.
    Gustoume moito, botei unhas risas ao ler as preguntas. Ía comentar a foto que puxeches cando a colgaches, pero é me impresionou e quedei un pouco sen palabras que poñer…

  4. bueno bueno vexo que este post triunfa. A ver se se anima máis xente e así podemos deducir un perfil medio dos seguidores deste blog, en plan experimento sociolóxico

    p.d.-kkita, botámoste en falta onte. Até gravamos unha peli de terror e todo

  5. Como o prometido e débeda, aquí estamos nos para formar parte do estudio sociolóxico que vas facer.

    Primeiro vai Dani…
    1. A
    2. A (“dos callos como todo!” – palabras textuais-)
    3. A
    4. A
    5. A (moi A, pero as veces a lectura sustituea por xogos de móvil…o tetris de toda a vida)
    6. B
    7. B (se apreta moito)
    8. B
    9. A
    10. B

    E ahí vou eu…
    1. B (sempre!)
    2. B
    3. B (Dani di que estou enganchada ó Neurofren…váleme pa todo)
    4. A
    5. B (chegar e embarcar…)
    6. B
    7. A
    8. B
    9. A
    10. B

    Bueno pois esperamos poder contribuir o experimento sociolóxico, e volver a felicitarte por esta entrada…moito deu de si no mundo Celta, terás que plantearte cambiar as opcións dos callos como che dicía aquel pinche, que dividia tamén os que só mollaban na salsa, e os que nunca os probaran (cousa rara!!)

    Moitos saúdos para todos dende Cedeira (seguimos tendo pendente esa churrascada!)

  6. Eiii
    Van as miñas, pero estou con Sonia en que hai que facer novas categorías (Por exemplo, eu o periódico nin pola portada nin pola contra, empezo polas esquelas. Non se admiten comentarios)…

    2B
    3B
    4A pero evolucionando a B
    5B (FLASH shit)
    6A
    7B
    8A (aínda que non sei ben por que)
    9A
    10A pero non creo que o accidente do Airbus teña nada que ver coa serie

    Apúntome a definir o perfil medio dos lectores do blog de pi, xa me molaría ter comentado este post cos de Muruxás e Carracedo en ortigueira, pero xa vou algo vella para o mundocelta e fun ao percebe a Corme… Dani, Judith, o da churrascada paréceme bárbaro, creo que se está organizando algo para agosto pero eu teño unha voda así que por fa outro plan!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *