sleevefaces

Ten 1 comentarios.

sleevfaces.jpg

Hai xa tempo que descubrín isto dos sleevefaces, e mola. É unha destas modas modernas que se espallan polos ceros e uns de internet grazas ao tempo libre da xente que se aburre. O sleeveface (en inglés, “cara de portada”) consiste en facer unha foto de calquera cousa (normalmente, persoas) superpoñendo a portada dun disco ou dun cedé. Crear un continum entre o disco e o que non é o disco. Facer como nas pelis nas que o espectador se mete na ficción e se convirte en protagonista. En fin, un metarollo.

Hai moitísimos exemplos de sleevefaces pola rede adiante, algúns moi currados e graciosos. Os que puxen arriba están sacados de sleevefaces.com, pero hai moitas outras webs e blogs con coleccións de sleevefaces. En canto arregle a miña cámara fago un con algún disco meu e colgo a foto, prometido. E se vos animades, mandáme os vosos a pmera@laopinioncoruna.net e tamén os publico.

1 comentario

  1. Pues no conocía esta moda de los sleevefaces… seguro que viene de yankilandia, que allí están un poco pillados jajaja
    Me acabaré haciendo yo alguna foto así para mi blog, podía molar xDD

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *