Hai pouco recibín un premio, do que estou moi orgullosa. É o premio Symbelmine, no que os blogueiros do mundo escollen os seus blogs favoritos. É unha desas cousas virais que se levan tanto na rede, e nas que son os propios internautas os que espallan a información polo seu entorno virtual. Se non entendín mal, o premio Symbelmine consiste en que o autor dun blog pode escoller os seus sete blogs favoritos na rede, aínda que creo non hai clasificación nin nada diso. Se alguén é seleccionado para o premio, como me sucedeu a min co pi-todo depende, escollido por Las Erinias (moitas grazas, sonia!), debe elixir outros sete blogs diferentes e facelo saber con comentarios nos diarios premiados, para asegurarse a reproducción, como fan as flores co polen e as abejas e todo o rollo do equilibrio natural.
Teño que recoñecer que non estou eu moi posta en blogs alleos, pero si que hai algúns que me gusta visitar habitualmente. Así que, ademais de Las Erinias, estes son os meus premiados co Symbelmine, que por certo é a flor que nace nas tumbas dos reis da Terra Media (El Señor de los Anillos):
–Aquí mando yo, un blog de televisión ideal para polemistas audiovisuais.
–A Foco lento, refuxio dos fotógrafos de La Opinión despois dunha dura xornada de traballo.
–Mmmm, un blog da poeta galega Estibaliz Espinosa. Non me acordo como din con el, pero gustoume.
–O refraneiro. Tiven a mala sorte de coñecelo case dous meses despois de que pechase temporalmente. Pero aínda fechado vale a pena botarlle unha ollada á colección de falares, refráns, costumes ou cancións da cultura galega que se van perdendo co tempo. Fermoso blog
–Tipika. É dunha ilustradora ourensá. Non o coñecía para nada, pero recomendoumo o misterioso comentarista papo-rubio. Para que vexades como valoro eu a participación dos que pasan por este blog.
E xa estou seca, así que creo que me vou quedar en cinco premiados, polo menos de momento, que agora teño présa e gañas de perder de vista este ordenador.
Espallemos polen!!!
É que a Pi o merece ^___^
Ei aquí vai outro blog premiado coa flor dos reis mortos:
Estilo in-diferente, un diario de vestiario. É da miña compañeira Arancha e fala de moda e moito máis
Moitas gracias Pi!!
Creo que o menos que podo facer é escribirche en galego, aínda que despois de tanto tempo sen facelo seguro que cometerei moitos erros jaja
Teño que poñer o enlace do teu blog e o de Lucía no meu, é así tamén lle dou máis visitantes á web da Opinion jajaja