Esta noite soñei unha cousa estraña. Estaba (mos. Recordo que estaba con xente coñecida, pero non recordo con quen) no festival de Ortigueira, no pinar, onde as tendas de campaña. Mirei para arriba, o ceo estaba nublado, e vin un satélite de Hispasat demasiado cerca. Bueno, agora que o penso eran dúas ou tres parabólicas unidas nunha superestrutura, e tiñan o logo de Hispasat impreso, iso si. En fin, estou segura de que o meu subconsciente quería que pensara que era un satélite. O caso é que estaba demasiado cerca, cada vez máis. O resto dos ortigueirianos tamén o notaron e todo o mundo empezou a berrar cando viron aquela cousa a punto de espetarse contra nós. ‘Que ven un satélite!! Ai, que vai caer aquí!!! ahhhhhhhh’, dicían todos. Pero no último momento o satélite cambiou de traxectoria sen disimulo ningún, como perdonándonos a vida, e foise estrellar ao lonxe, máis aló dos piñeiros. Con explosión, lume e fume e todo. E alí quedamos todos, coas mans de visera, de puntillas e mirando para o horizonte escarallado. E eu, intrépida, pedinlle prestrado a un piesnegros un móbil con cámara de moitos megapíxeles, para capturar o momento e mandalo rauda a LA OPINIÓN. Nese momento, algo me despertou. Que pena, había ser unha boa exclusiva