O outro día escoitei en radio tres [viva radio tres!!] unha especie de columna musical, unha sección no programa ‘El Postre’, de noite. O locutor tiña unha voz chulísima e falaba alto pero en baixo. O tío, non me enterei aínda de como se chama, fixo unha selección de Música Para Cintas De Casete. Puxo unha canción de Jefferson Airplane, outra de Bob Dylan, outra de Janis Joplin (a de ‘Mercedes Benz’ cantada a capela, a última canción que gravou, fliiipante) e outra dos Doors.
En cantas cintas de casete no mundo non estará gravada Janis Joplin? Ou Bob Dylan, ou os Doors? E cantos finais de cancións se perderían porque se acababa a cara? Eu aínda gardo unha boa colección de cintas, algunhas teñen dado moitas voltas de nuestro señor. Podería falar de moitas, pero destacaría unha que perdín e que é mitiquísima para o meu imaxinario familiar: unha do grupo Tenesse que escoitábamos seguido Inés e eu para a tortura de meus irmáns. Dios que recordos.
Que cintas recordades vós?