Pilar!!! Acabo de descubrir o teu blog navegando pola rede e non sabes que ilusión me fixo volver a saber de ti. Igual xa non te lembras de min, pero son aquela arteixana coa que estudiabas xornalismo e coa que fixeches unha morea de traballos e prácticas de radio, jejeje Entre eles, aquela mítica radionovela coa brutal personaxe de MariTripis. En fin, que xa me puxen nostálxica. Espero que che vaia todo moi, moi ben e agora que descubrin este blog, heino de consultar a miúdo, que está xenial.

Da gusto atoparse con xente da que gardo tan bos recordos, en serio

Coidate, guapa!

Chus