Limiñón é a última parada no meu percorrido por lugares do mundo. Así que hoxe vou falar da primeira, que ven sendo o sitio de onde son, onde nacín: Cedeira. Sempre me fago un lío para explicar de onde son. Pero si, son de Cedeira.
Pois aí van algunhas das comidas típicas de Cedeira.
-Empanada de raia: vai destapada, cos filetes de raia postos enteiros e estendidos sobre a masa, co cartílago e todo, e solta un aceitiño colorado… está boísima. Fai moitísimo tempo que non a como
-Pastelón de congrio: O pastelón é a empanada típica de Cedeira, feita con masa de hojaldre e bastante grasa. O de congrio está espectacular.
-Eses: son como galletas xigantes de anís, tipo pasta, con forma de ese (a letra).
-Percebes, claro.
-Rape con guisantes: rebozado e con salsiña verde e pataquiñas (en panadera, creo que se di). Tira do pan.
-Requeixo: tómase moito requeixo por alí.
P.D.-Agradécense, coma sempre, os comentarios. Suxiro un atlas gastronómico dos visitantes deste blog
Engancharse co outro ao durmir os dous de lado. Iso tamén ten forma de eses.
e que terá que ver o durmir enganchado coas galletas?
larpeira, máis que larpeira!!!! e non o digo porque che guste o doce