Atilano, que grande

Ten 1 comentarios.

atilano Tiña un traballo que facer. Todos os martes. Envainarse o traxe de calcio e reventarlle o minuto de gloria ao pobriño de turno. Coa trompeta e o compiñeiro. Que grande, o Atilano do Supermartes. Surrealismo ou absurdismo ou divertidismo xenial na tvg. Pois din por aí que lle chamaban Atilano en honor a un profesor do colexio compostelán Peleteiro (un correccional para incorrixibles) que era algo cabroncete. Agradécense confirmacións amables e desmentidos insultantes a este bulo sen rigor.De calquera xeito, falando de televisión, recomendo desde aquí participar nunha nova andaina blogueira dunha experta no medio: Aquí mando yo

1 comentario

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *