Ben, aquí vai un exercicio de memoria e supoño que nostalxia tamén. Quen era o voso compañeiro de clase na escola, ou no instituto, na universidade ou se preferides, no curso de papiroflexia? Refírome ao compañeiro de mesa, que normalmente lle tocaba a un pola orde alfabética do apelido. Eu recordo a Alberto Meijide, íamos xuntos en varias clases no instituto. Era interno. No meu instituto, a Laboral, hai moitos alumnos que ademáis de estudar viven alí, no internado. Na miña época só había internos homes, e case todos viñan da parte da Costa da Morte. Este Alberto Meijide era de Vimianzo, se non recordo mal. Rubio, colorado… e non falaba moito, polo menos comigo. A verdade é que non podo contar moito máis del, creo que o intimidabamos as miñas amigas e eu, porque cos outros internos (os da miña clase eran de Quilmas, en Carnota) si que falaba.
Os internos eran unha raza aparte. A maioría estudaba FP, había clases nas que o 90% dos alumnos era internos, e dos bravos bravos. Como foras tía e te cruzaras con eles polos pasillos… había que ser valente. E é que na Laboral eran os rapaces, e non os profesores, os que se cambiaban de aula entre cada clase. E como o instituto está feito en plan barracóns, ao aire libre, e iso sumado á idade do pavo e á nostalxia… pois cada cambio era unha festa, ou así o recordo agora.
Por certo, que as Universidades Laborales foron un invento de Franco, fíxoas por toda España, para que a xente aprendera oficios. Estaban construídas seguindo o mesmo patrón, e moitas agora séguense usando como institutos, como a miña Laboral, que por certo ten por nome oficial Crucero Baleares, que era un barco de guerrra franquista que afundiron os republicanos durante a guerra.
Vale, pois agora contade vós.
Pois mira, eu cambiei moito de compañeiros. No colexio, éramos só rapazas e non acababa de conectar moito con elas, aínda que recordo con moito cariño a catro delas que foron a miña salvación durante esos dez anos de penurias, Bea (a locomotora a chamábamos porque non paraba quieta), Charito (Rosario formalmente, das rapazas máis guapas que vin na miña vida), Coco (Socorro, unha morenocha chea de pecas que sempre levaba o pelo cortiño e unha mirada espilida) e Nuria (cos seus eternos coloretes e esa timidez tan doce que nos desarmaba a todas). Elas foron a miña táboa de salvación, sen dúbida ningunha, nun colexio non que non encaixaba porque fora del estaba rodeada sempre dos meus primos varóns e xogaba aso seus xogos, e porque o meu estatus social non pegaba coas nenas de familias “ben”. Imaxinádebos, acostumada como estaba ás minúsculas compañeiras de mesa, cando cheguei ao instituto e me sentaron ao lado de Arturo, un rapaz de 2×2 metros, que aos meus ollos parecía un xigante ^__^ ¡Vaia impresión levei!
Pues yo tambien he estudiado en la Laboral y seguro que tambien te suena el Sofia Casanova. Son inolvidables los internos , como tu dices ”una raza aparte” . Pero en relacion a lo de los compañeros de clase , os voi a comentar lo que me ha ocurrido con el mio , del ciclo superior que he hecho hace 4 años , en el IES Fernando WiRtz (maestria) . Mi compi , era el tipico coruñes , mucho mas alternativo y moderno que un cullerdense como yo, su pelo a lo Lenny Kravitz lo demuestra. Dos años juntos , acaba el ultimo curso , y como en muchos casos la vida nos separa. Yo a Toledo , Madrid … y Barcelona.. Selectividad en 2008¡¡¡ en Bcn , entro en el aula , nervios , me siento , y a quien me encuentro delante? Pues si , 4 años despues , haciendo Selectividad juntos a 1200km. Si yo me habia movido por la peninsula , el venia del Reino Unido.
En fin , una bonita anecdota , saludos.
te pego un mail que me ha llegado hoy … por si te interesa …
Si es un deses rapaces ou rapazas que votas de menos os Fraguel Rock, preferiches tomar un calimocho en vez de ir a clase de relixión… se o frio non corria polas tuas veas o pasar no pasiño de mariñas mañás enteiras … se todavía che queda tinta nas palmas das mans de tanta chuleta… sí es ti un deses rapaces ou rapazas que fuches a Universidade Laboral e alí fixeches carreira… sí es ti un deses non te podes perder a nosa festa….
Haberá grandes premios para os cen primeiros!!! como no clube do Xabarín, temos que ser cen mil!!!
Agarra a tua botella e ven rir connosco, traete o que queiras, bocadillo de tortilla ou mortadela… empanada churrasco ou galletas fontaneda…. da igual.
O día 29 de xuño quedamos todos pra comer na Universidade Laboral (nas mesas do parque), alí onde pillachelas primeiras cheas, alí que fumaches como unha prea, perdiches calzoncillos bragas e camisetas… así onde a túa vida quedou grabada na terra, así imos quedar todos e todas, xa case non importa cal foi a tua era, xa es un vello ou vella, amosanos as tuas enrugas e contanos que fixo o tempo contigo…
Non o esquezas, 29 de xuño na tua terra Universidade Laboral, todos a comer, ti traes o teu i eu o meu, pero xuntos faremos festa!!!!
Pasao a todos os que coñezas daquela epoca inmortal, que non se quede ninguén sen vir… dependemos de ti!!!
Pois si señor, gran anécdota cósmica a do Roca e o seu compañeiro, como a min me gustan. Canto á xuntanza da Laboral, o outro día pasamos por alí, pero non vimos moito rastro de macroquedada, se cadra a eurocopa fixo cambiar de plans a moita xente. Con todo, paréceme unha idea xenial, hai que intentar de novo a convocatoria algún día.
O meu compañeiro preferido do colexio foi un co que nunca cheguei a sentarme, do que namorei melancolicamente, ao que apenas volvín ver e que anos despois reatopei por internet para dicirlle que el foi o meu compañeiro preferido do colexio, co que nunca cheguei a sentarme, do que namorei melancolicamente, ao que apenas volvín ver.
Noraboa polo blog, pi.