Non teño excusa. Só podo dicir que levei ao extremo a miña filosofía / manía / vicio, popularizada por Escarlata O’Hara, de “xa o farei / pensarei / decidirei mañá”. En ‘Foise co vento’ quedaba moi ben, era unha boa frase final para a mala pécora de Escarlata. Pero o certo é que un blog (e máis cousas, que xa se me acumulan) non aguanta moitos retrasos nin “mañás”, así que non me queda outra que pedir desculpas e comprometerme a cambiar de musa: en diante seguirei a máxima do ‘tirao’ e ‘zumbao’ máximo Dean Moriarty, que na novela ‘On the road’ non paraba de repetir: “Hai que moverse, tío, hai que moverse…” Que gran personaje
Con todo, non creades que nestes dous meses de ausencia non me andivo rulando a cabeciña. Apasioneime con ideas xeniais como la caca de la vaca ou o chikilicuatre, estiven volvendo ver ‘Sensación de vivir’ (recoméndovos ler na wikipedia o resumo da vida de Kelly, realmente invilibili) e unhas pedazo de coleguis (esas si que son personajas) regaláronme unha MÁQUINA PARA FACER CHAPAS!!!. Isto último é tan grande que merece outro post ou mesmo outro blog, pero de momento xa sabedes que se queredes que vos dea a chapa… poño a taller a funcionar nun plis plas.
Alguén supera o meu balance?
Ben, para pechar deixo outra xoia que atopei en Youtube e á que tamén lle dediquei o meu tempo estes días. Nunca puxera un vídeo de YouTube no blog, pero este é perfecto para arrancar cunha nova etapa de ‘todo depende’, parece que se coloreou adrede. Carretera!!!!
Dios! ya pensé que habías matado al blog!
Benvida de novo Pi, botaba en falta as túas entradas ^_^