Nunca se me deron ben as matemáticas, nin a economía, nin aforrar. Pero con todo, creo que teño certo ollo para detectar oportunidades de negocio. Aí van tres ideas de chollo seguro:
A primeira idea emprendedora é algo do que me decatei xa nos anos de instituto, cando o de madrugar empezou a ser un problema. A segunda hora xa estaba morta de sono. E como a necesidade agudiza o inxenio, pois non tardei en pensar que incluso pagaría por ir durmir un ratiño nunha camiña. Contrasteino cos meus compañeiros, e coincidían comigo en que pagarían cen ou dúascentas pesetas (hoxe tres ou catro euros, que aquilo vai na misa) por deitarse unha horiña. Total, que sería un exitazo ALUGAR CAMAS POR HORAS, así baratiño, cerca dos centros de estudo, e tamén cerca dos sitios onde se traballa mañá e tarde, que despois dunha boa comida basura presta unha boa siesta. Se van 20 persoas ao día, a tres euros cada hora, son 60 euros, por 20 días ao mes, 1.200 euros. E non ten moito gasto, máis que o aluguer dun pisiño e unha lavadora para as sabas.
A segunda idea emprendedora é a miña favorita. De feito, se cadra debería ter máis celo á hora de desperdigala no ciberespazo pero, total, xa llo contei a un lote de xente. Trataríase de montar un HUMOR AMARELO, o programa este de televisión de chineses dándose piñazos. Para que funcionase ben, tería que facerse en plan cooperativa, e entre unha panda de colegas. Os clientes tamén terían que ser colegas entre eles, porque se non non sería divertido; serían toda esa xente que cando ten despedidas de solteir@, ou xuntanzas de empresa ou superquedada colegal fan cousas como paintball, rafting… cousas que non fan nunca. Así que en vez diso, alugarían unha sesión de Humor Amarelo para rirse uns dos outros. En vez de saír pola tele, nós gravariamos todo e logo montariamos un vídeo para cada participante, para que se volvan rir uns dos outros xa na casa. E bueno, se a tele quere emitilo, pois xenial, que pague polos dereitos e listo. Este negocio xa require de máis investimentos co do aluguer de camas por hora, porque habería que contar cunha boa leira para montar todas as probas, cartos para comprar e repoñer todas as cousas que rompen en cada sesión, pelucas para os que fagan de monstros que asustan os concursantes… por iso creo que o ideal sería montar o negocio en plan cooperativa, e se pode ser entre coleguillas mellor, así é divertido para os clientes e máis para os propietarios, porque cada vez se turnaría un para ser o chino cudeiro, ou o presentador, ou incluso infiltrarse entre os concursantes se nos apetece.
A terceira idea emprendedora non o é tanto porque creo que, en parte, xa existe. Trataríase de vender LATAS DE REFRESCOS MÁIS PEQUENAS cas da agora, que son de 33 centilitros, que a min se me fan moi longas para rematalas eu soa (isto tamén o contrastei con máis xente e están dacordo). Creo que as que dan nos avións xa son máis ben pequenas. Ben, pois así pero sen necesidade de ter que subir a un avión para probalas.
Eu creo que son tres pedazo de oportunidades, aínda que tamén haberá que pense que son paridas. Sempre pasa [aquí viría ben o refrán ese de “profeta en su tierra…”].
Se alguén con máis cartos e valor ca min se decide a montar algún destes negocios, por favor, que teña a amabilidade de comunicarmo se non quere verse despois metido en líos de copyright ou plaxios intelectuais ou algo así. Sobre todo, no caso do humor amarelo, que é un proxecto ao que lle teño especial cariño e que nunca descarto.
P.D.- Teño unha cuarta idea emprendedora, pero esa vou intentar levala adiante, así que de momento non digo nada
Quero amosar o meu máis entusiasta apoio á idea de camas de aluguer. Moito o pensei nos tempos da facultade. Como posible lema: “cando un café non é dabondo”.
Bicos, Pi! Lereite de cando en vez!
Eu coma Noelinha, o das camas de aluguer é o mellor e máis rendible con pouco investimento. Boas festas, señorita.