Outro xogo

Ten 8 comentarios.

Estes días descubrín un ciberxogo xenial, que sería perfecto para este blog e para min, que me encantan as actividades comunitarias. Consiste en que cada lector escriba nun comentario unhas liñas do libro que estea lendo ou que teña a man, escollidas segundo o número da páxina e outros parámetros azarosos. Se vos apetece xogar, ide ao blog das Erinias e participade, e de paso tamén podedes ver unha boa crónica dunha viaxe a Xapón e moitas outras cousas.

Aquí podemos facer unha versión: que cada un poña o que comeu hoxe. Vale, parece unha chorrada comparado co dos libros, pero é que é unha boa maneira de coñecerse, e deume moita envidia o outro xogo… Ademais, a comida é moi importante na identidade de cada quen, xa se sabe que “por la boca…” ou “dime lo que comes y…”….        como era ese refrán?????

En fin, eu hoxe comín dorada á plancha con brecol e patacas cocidas. Sen postre, que pola semana dame moita pereza tomar postre. E de beber, leite, coma sempre.

8 comentarios

  1. Imos ver, para dar as gracias polo teu comentario, e de paso por ler as miñas crónicas vou poñer o primeiro comentario.
    Hoxe, só tiña 30 minutos para comer, sí, xa sei que iso para os hábitos alimenticios é coma unha patada nos dentes, pero, cando se traballa moito é o que hai. Así que comin un bocadillo de tomate e atún e unha mazá desas verdes, verdes que me gustan tanto. E de postre unha cunquiña do te verde que trouxen de xapón e que me trae tan bós recordos.
    Ata outra!! ^_^ Espero que sigamos a intercambiar xogos.

  2. lasaña riquíiiiiiiiiisima, e de postre flan. para a bebida agua do grifo. son de gustos culinarios moi sencillos.

  3. Arroz con todo tipo de cosas verdes, hecho en su potita amplia y luego pasado cinco minutitos por el horno. A ver si no se me quema que lo voy a sacar ahora y ya me pitó el reloj hace un ratito. Pon 7 minutos al horno en vez de 5 XDDDD

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *