Fantasías

Ten 1 comentarios.

gedo-senkiHai un par de semanas, buscando wallpapers de Miyazaki (director xapones de pelis de animación moi premiadas como ‘O viaxe de Chihiro’, ‘A princesa Mononoke’…) para poñer de fondo da pantalla do ordenador din cunha nova película súa titulada ‘Gedo Senki’, algo asi coma “os contos de Gedo”. Buscando información sobre ela encontrei que estaba baseada nunca serie de relatos, as ‘Historias de Terramar’, que lle gustaban moito a Miyazaki desde facía moito tempo e que eu non coñecía de nada.
A peli por aquí ainda non esta dispoñible, pero si que puiden ler eses relatos e gustáronme moito, son cinco novelas escritas por Ursula K. Le Guin, as tres primeiras entre 1968-1971 (mais ou menos cando Tolkien publicaba ‘O señor dos aneis’) e as dúas últimas en 1990 e 2001, son contos ambientados en Terramar, un mundo cheo de islas, dragóns aos que non podes mirar aos ollos, magos, bruxas, reinos sen reis … Xunto á obra de Tolkien e a ‘Olvidado Rey Gudú’ de Ana Maria Matute son os libros que máis me gustaron desta clase de historias; non ten tanta épica nin todas as lendas soterradas na Terra Media de Tolkien nin tampouco é tan máxico coma ‘Olvidado Rey Gudú’, pero é un mundo tan bo no que perderse como eses dous.
E iso, máis que nada recomendárvola se vos gustan esa clase de historias, e aínda que non vos guste nada ese xénero chamado literatura fantástica eu daríalle unha oportunidade a esas historias e persoaxes. Vale a pena perderse por Terramar.

**ARTIGO PUBLICADO POR COLTRA**

1 comentario

  1. Coltra xa non é un vulgar comentarista. Agora tamén escribe posts. Boa decisión para empezar, o miyazaki. Haberá que ver a peli, logo. Todas as pelis que vin del ou do seu estudio encantáronme, sobre todo ‘A princesa Mononoke’. Faille sentir a un moita envidia da infancia e moita pena polo mal que estamos facendo as cousas…

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará