Quero ser elfo

Ten 4 comentarios.

legolasO tempo. Iso é do que estamos feitos, iso é o que determina o que somos e o que facemos. Máis que o tempo, o tempo finito, é dicir, a mortalidade. A consciencia da morte fastídiao todo: obríganos a preocuparnos polo proveito da vida, a apurarnos por conseguir o que queremos, a confundir o concepto de “o que queremos”. Obríganos a ir á escola cando somos nenos, buscar mozo cando somos novos, traballar toda a vida, buscar unha casa, buscar tempo libre, obríganos a ser felices canto antes. Pero se fosemos inmortais, só fariamos as cousas que valen a pena, as que nos gustan e as que sabemos facer, os cartos deixarían de ter sentido e volveriamos ao trueque, os traballos serían oficios, coidariamos o planeta pola conta que nos traería, non sentiríamos lástima polo pasado incivilizado nin pena polos maiores, non habería hipotecas, nin présas por viaxar ou por querer. Non habería guerras nin cumbres. Sería todo como o deporte ou a arte, pero sen ligas nin federacións nin museos ou discográficas. Por iso cando me chega o medo, cando dubido sobre a convenencia dalgo, pregúntome: faría ou pensaría isto se fose inmortal? porque estou case convencida de que as cousas boas de verdade son aquelas que faría aínda non tendo que morrer. O resto é palla.

E por iso os elfos son tan boa xente.

Pero o caso é que nós somos caducos e hai que vivir con iso. Ese é o gran reto: asumir o ciclo da vida e ao mesmo tempo ser capaces de ver máis alá dos nosos límites. Para min non é fácil, sobre todo o primeiro. Ojalá non tivese que morrer. Ojalá os días durasen 30 horas.

Se cadra acabo montando esa manifestación contra a morte.

4 comentarios

  1. se as miñas reivindicacións inmortalistas prosperasen, habería que empezar a solucionar os flecos: non habería ningún tipo de enfermidade? envelleceríase? desde onde e até cando? habería que preocuparse de comer e non pasar frío?

  2. Y yo sin saber de la existencia de este blog… Que no se me informa!!!
    A mi el miedo que me daría la inmortalidad sería el “ya lo haré mañana”… Tener todo ese tiempo por delante… pfffffff no sé yo. Quizás es que necesito unos ciertos límites, espaciales, temporales… que me marquen un poco (sólo un poco) la vida. Pensaré en ello. Besos desde el frío.

  3. … e quen daría a réplica a esa manifestación contra a morte? Os enterradores e funerarios, fijo, a ver quen es ti para jodérlle-lo choio. Forenses, floristas, fabricantes de armas, algún cura… son ganas de buscarse inimigos.
    Apoiaríate, iso si, a DGT, polo aforro en publicidade. E Jiménez Losantos, que por queixarse…
    Estás como unhas maracas

  4. Hay una canción que lo dice todo al respecto “Who wants to live forever”. Querrías ser tu inmortal y el resto no, con lo cual nunca podrías querer a nadie porque irremediablemente lo verías morir. Si todos somos inmortales, a parte de un gran problema de superpoblación, estoy de acuerdo con Pili en que yo soy del “ya lo haré mañana”, me pasaría la eternidad dejando cosas por hacer. Y por último, el contraste en todo es necesario para, como diría nuestro alcalde, poner en valor las cosas buenas de la vida. Nunca podrías saber lo bueno que es estar sano si nunca has estado enfermo. Jamás podrías saber lo que es estar con alguien si nunca has estado solo. Y así todo en la vida, o eso creo yo. Sinceramente, los elfos son seres muy bellos o eso dicén, pero nosotros somos su contraste. Si no existieramos, los elfos no sabrían lo desdichados que son al no poder vivir la vida con la pasión que nos da el aliento de la muerte.
    “Nuestras vidas son los ríos que dan al mar. Que es el morir”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *