Guapos e feos

Ten 2 comentarios.

Estou de volta. Como Suso Maroto en Mareas Vivas. Como a regla despois do embarazo. Como os criollos toda a tarde. Para celebralo, aí vai unha teoría: Eu creo que non hai tantos fe@s no mundo, nin tantos guap@s. Pero, sobre todo, creo que non hai tantos feos. O que pasa é que falamos por falar, pero realmente todo iso de ser guapo ou feo é unha cuestión de aura. O falar, o andar, o pensar, mesmo o xeito que temos de existir determina se somos máis ou menos guapos ou feos para os demais. (Bueno, tamén o determina, ademais da aura, a roupa, a maquillaxe, a luz, o photoshop, a industria cultural e os medios de comunicación…) en fin, subxectividade e idiosincrasia. E na grandísima maioría dos casos, segundo a súa aura (que é moi variable e caprichosa) un é guapo ou feo.

pataky-brodyUn exemplo: Adrien Brody. Se non fose famoso e non saíse cunha famosa cachonda, e alguén se cruzase con el pola rúa e se fixase, diría que ese tío é feo. Pero como Adrien Brody ten a aura do famoseo jolivudiense, que é unha das auras máis resultonas, pois é guapo. Pero agora imaxinemos a un doble físicamente idéntico ao Brody, que non é famoso nin o será, e que vai pola rúa tan tranquilo, paseando só e cun libro, por exemplo. Debería ser feo, porque ten o careto de Adrien Brody, pero se cadra é guapo porque a aura solitaria e bohemia tamén funciona bastante ben na nosa cultura. E para que non haxa problemas de empatía sexual, tamén podemos imaxinar a un clon de Elsa Pataky malhumorada, sen pintar nin peinar nin vestir, torpe e que fala sen parar, case sempre para queixarse. A aura mal rollo pode facer fea incluso a Elsa Pataky.

[[A todo isto hai que engadir que na grande maioría dos casos non somos nin supostamente feos nin supostamente guapos, senón do montón, e que no caso das persoas coñecidas todo iso da aura complícase moitísimo, porque canto máis coñeces alguén, máis difícil é comparalo ou definilo]].

Pero despois están os verdadeiros guapos ou feos: os que dá igual que vaian arreglados ou sen arreglar, namorados ou sen namorar, que saian na tele ou que ulan a cerrado. Os que, teñan a aura que teñan, sempre serán feos ou guapos. Pois ben, eu deses creo que non coñezo a ningún. Todos os feos que se me ocorren teñen un pase. Mesmo pensei en Shane McGowan, o cantante dos Pogues, que a priori parece ben feo, pero despois vin na rede un par de fotos con outra aura que o volveron á categoría dos do montón, e incluso algunha na que parecía guapo. Se cadra iso é porque ademais de indecisa, nacín optimista. E nos guapos, parecido; non me acorda ninguén 100% guapo forever.

Ou sexa, que o dos guapos e feos vén sendo como o das meigas, ou como o de Ricky Martin-can-rapaza-mermelada-Sorpresa sorpresa: puro mito. De calquera xeito, se alguén ten probas dalgún verdadeiro guapo ou feo, por favor, que o comunique.

shane-mcgowan
 P.D.-Como vedes, esta reflexión de hoxe foi totalmente banal, estúpida e incluso un pouco sobrada, pero serviume para regresar despois do parón e para falar das auras, que é un tema que está moi ben.

2 comentarios

  1. Outra reflexión sobre os guapos e feos: parece ser que un escritor arxentino, Gonzalo Otalora, está facendo unha campaña para que os guapos paguen máis impostos para compensar aos feos, que o teñen máis difícil na vida. Propón, por exemplo, que as empresas reserven un 30% da plantilla para contratar os menos agraciados. O tío relata a súa historia persoal no libro ‘Feo’ e na web http://www.feosexual.com

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *