Logo deste parón dunha semana (que con todo non deixou inactivo o blog, grazas aos seus grandes comentaristas), volvo con forzas renovadas pero cun lixeiro ataque de dúbida sobre o sentido destas anotacións: Debo falar do que se entende por actualidade, o que sae nos xornais e nos partes da tele? Debo falar do que falan outros blogs? Podo copiar? Aínda que non copie, se falo do que falen outros parecerá que estou copiando. Fago os post demasiado longos? Hai que ter estilo? Ten que ser gracioso? Está sendo pesado? Ridículo? Pretencioso?
Non me decido, aínda que algunhas cousas si as teño claras: espero non falar de política, que é un dos meus temas favoritos pola cola, e vou seguir interactuando co personal a base de xogos e chorradas. A primeira experiencia, o concurso de frases cortas e absurdas, está sendo un éxito. Recórdovos por certo que o prazo oficial para engadir frases remata mañá (ou hoxe, segundo se mire, porque a estas horas…), luns 8 de outubro. Non é que despois non se poidan escribir máis, ao contrario, é para evitarme ansiedades, que yo me conozco… Así que para os próximos días xa argallarei outro xogo; ando cavilando en como xogar ás películas (hai algún divertimento máis mítico que ese?) pola rede, xa o teño casi niquelao.
Mentres, ía escribir agora unha detallada crónica da voda á que fun o sábado en Carral. Pero é que a estas horas… non me dá a cabeza, así que direi que por unha parte foi como calquera outra voda [[qué guap@–fotos, fotos, fotos–arroz–que se besen–sorbete de limón–cambios de mesa–cambio de zapatos–barra libre–espontáneos ao micrófono–os peitos da cabritiña–surrealismo–bailes colectivos–abrazos masivos–frío–libido–alguén cortouse, hai que ir ao médico–alguén doblou–bicos, bicos, grazas…]], e pola outra foi única, claro. E estivo guay. Felicidades a todos.
Mañana más.
Ei xa sei que non ven moi a conto da entrada pero bueno como sei que che fan ilusion os comentarios no teu blog, pois eso que hoxe fun ver “Mataharis” o cine e gustoume moito.
fala do que che pete que para iso é o teu blog. Xa se sabe que falar non ten cancelas e ademais é gratis, por algo é o deporte nacional.
Moitas grazas polos ánimos, Sam Sagaz. Sempre pensei que o verdadero heroe de O Señor dos Aneis era Sam.
Pa min o heroe de toda a Compañia é Bill, pobriño abandonano na entrada das minas de Moria e non se queixa nadiña.