Grislis

Ten 2 comentarios.

sleepy-grizzly-bear

Hoxe vin Grizzly man, un documental sobre Timothy Treadwell, un rapaz que conviviu con osos pardos  durante 13 anos (en realidade, 13 veráns, porque o resto do ano os osos hibernan) até que precisamente un oso o comeu. Desde 1990 até 2003, Timothy Treadwell viaxou todos os veráns ao parque nacional de Katmai, en Alaska, para vivir alí cos grizzlies, que é como lles chaman aos osos pardos norteamericanos, que miden darredor de tres metros de pé e son moi perigosos. O tío era todo un personaje, estaba obsesionado con que el debía protexer os grizzlies e vivir con eles, ser o seu “guardián solitario”, dicía. Así que collía a tenda de campaña e el só arrancaba para Alaska; no parque escaqueábase dos guardas (aos que vía como inimigos dos grizzlies) e acampaba onde lle parecía para estar cerca dos osos, malia que a norma prohíbe telos a menos de 90 metros de distancia.

Os últimos cinco anos, gravou en vídeo horas e horas da súa vida cos osos, e moitas desas imaxes vense na peli: thimoty bañándose no río cun oso, thimoty a dous metros dunha parexa de grizzlies xigantes, thimoty acariciando a unha cría… Fíxose famoso, montou a fundación Grizzly People, daba charlas nas escolas e ía aos programas da televisión.

A verdade é que o Treadwell era, polo menos, particular. Segundo o relato da peli (2005, de Werner Herzog, levou bastantes premios internacionais), o amor de Timothy Treadwell polos grizzlies comezou logo dunha serie de infortunios relacionados co alcohol e as drogas, que á súa vez comezaron cun detalle curiosísimo: a principios dos 80, despois de botar a perder unha bolsa de natación na universidade de California e decidir dedicarse á farándula, Timothy foi ao casting dunha nova serie de televisión, que se ía chamar Cheers, para facer o papel de barman. Pero ao parecer quedou segundo, xusto por detrás de Woody Harrelson. Esa derrota deprimiuno, e el liouse polo mundo da mala vida, até que un amigo o levou a Alaska a ver os grizzlies. Segundo o propio Thimoty, a relación que desde entón mantivo cos osos foi o que o rehabilitou.

cheersAsí que empezou a ir todos os anos a Alaska, sempre ao mesmo sitio, unha bahía do parque onde hai moitos exemplares, e alí vivía cos grizzlies durante tres ou catro meses el só (os dous últimos anos foi con el a súa compañeira, Amie Huguenard, que tamén morreu canda el), encantado da vida, porque a el adoraba os osos e odiaba os humanos. El quería ser un oso. De feito, o ano que morreu, en outono de 2003, el e Amie xa acabaran a súa expedición estival e volveran para a civilización. Pero un encontronazo cunha muller que os atendeu nalgún momento da viaxe de volta (algún problema cos billetes, creo, non o recordo moi ben), cabreou tanto a Thimoty que decidiu volver ao Laberinto dos Grizzlies, como el lle chamaba, e estar no nirvana animal unhas semanas máis, malia que nesa época a maioría dos osos xa están recollidos nas covas listos pa hibernar e só quedan por fóra os vellos e famentos, os que buscan os salmóns mortos no fondo do río, os da mala hostia. E foi un deses o que atacou a Thimoty e a Amie e os comeu, o 5 de outubro de 2003. Thimoty sempre dicía nas súas gravacións que el quería morrer alí, cos seus grizzlies. De Amie non se sabía tanto.

Moraleja? unha peli interesante (aínda que algo ñoña), un tío peculiar e uns bichos preciosos.

APÉNDICES:

1)Na NBA, os Grizzlies son os de Gasol, os Memphis Grizzlies. Pero en realidade en Memphis, que está no centro-leste dos Estados Unidos, non hais osos pardo (os grizzlies americanos viven na zona oeste de norteamérica, sobre todo en Alaska e Canadá). O que pasa é que o equipo orixinal era de Vancouver (Canadá), onde si hai grizzlies, pero despois dunha supercrise económica en 2001 comprouno un empresario e levou o equipo para Memphis, porque na NBA os equipos son como franquicias que operan con licencias que só dá a NBA ou algo así que non entendo moi ben. Total, que o equipo seguiu sendo os Grizzlies pero está en Memphis, onde non hai grizzlies. E digo eu: que fai a afición neses casos? os de Vancouver siguen sendo dos Grizzlies… de Memphis? Que importancia ten o nome? Que importancia ten o lugar? os xogadores? Deportivo de Cádiz?

2)Tardei en escribir hibernar. Con h e con b significa iso, o que fan os osos ou outros animais que pasan moitos meses aletargados. Pero tamén existe invernar (ou ivernar, en español, tamén vale), que é simplemente pasar o inverno (como veranear, pero cando fai frío), e que en Chile e Argentina tamén se usa, segundo a rae, para cando o gando pasta nos invernadoiros. E digo eu: que gando pasta en invernadoiros?

3)Hoxe tamén vin Le llamaban Bodhi, que xa a vira, e Tres colores: Rojo, que non. Día produtivo

2 comentarios

  1. Ay, señorita, pero Grizzly Man no es ñoña, solo en apariencia. Pasa que en realidad es una pelicula enorme, una especie de pelicula TOTAL en la que Herzog aprovecha lo real para cuestionar su propia credibilidad. Aprovecha los documentos reales para introducirse en una historia de la que se supone es simple narrador, opina y degrada aquello que en el National Geographic emitirian por episodios y emotivos rotulitos explicativos. Grizzly Man es, en realidad, una parabola respecto al destino del hombre que se sostiene a partir de la impostada necesidad de un demente por justificar su propia existencia inventandose un destino quijotesco que finalmente lo lleva a diñarla por memo.

    Me parece que la BSO sigue por teclistas, por cierto :P

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *