Ando algo liada estes días con varios eventos socio-familiares. E como ademais ata eu acabo cansando de oírme/lerme, aproveito para darlle un respiro ao blog de min mesma e falar das pulsións neuronais doutra persoa: Lasse Gjertsen. Non o coñezo de nada, máis que de ver os seus vídeos en youtube, e parece un rapaz …interesante. Creo que é noruego. Non canta, nin nada diso, pero é máis artista que a maioría dos que teñen o cargo. Fai vídeos de animación, vídeos de ruidiños que logo sonan como música a base de montaxe e vídeos-autorretrato no que se pregunta quen é. Están subtitulados en inglés, pero píllase ben.
Un único apunte sobre min e as miñas historietas: moitas grazas a todos os que xa aportastes a vosa frase corta que rima e sen sentido. Vai quedar unha boa recompilación. Pero aínda quedan moitas sen poñer, apurade que esta semana remata o prazo e… …
..
de verdade que hoxe estou cansa de oírme.