Viña hoxe pensando que xa case fai unha semana que arrancou o blog e aínda ninguén deixou un comentario. Así que pensei en facer unha especie de post/concurso/reto/parida para que vos animedes a escribir, que sei que estades aí!! No concurso, o primeiro en responder levaría premio (vale calera cousa que eu entenda por premio eh!, logo non quero esixencias), ademais do honor de convertirse no primeir@ comentarista do blog. Pero ao chegar á casa, acabo de comprobar que a rallada de Lorca e compañía surtiu efecto, e o gran Coltra animouse a enlear aínda máis o conto. Así que xa hai primeiro comentarista do blog. Un hurra por el. Ou tres, con hip hip.
Pero o reto segue en marcha. Consiste en recordar PEQUENAS FRASES QUE RIMAN E NON TEÑEN SENTIDO. Véxase:
Abur yogur
Me piro vampiro
Chao bacalao
Non teñen que ser de temática despedidas, é que a min agora non se me ocurren máis, pero sei que as hai. Así que, porfi (e por pi) engadide as que coñezades, que nunca se sabe cando pode facer falta un completo inventario de chorradas, e ademais molan as cousas feitas entre moitos, e molaría ver frases doutras zonas ou noutros idiomas. E se non vos apetece, pois propoñede outro xogo, ou contade os vosos pensamentos máis íntimos, que o anonimato de internet é moi liberador.
A moitos seguro que isto das frases vos parece unha parida, infantil e ridícula. E tedes razón, porque neste blog cremos no absurdo, no inútil e no ‘supereu’. No pé de leria. Porque xa hai demasiada dignidade no mundo. Deamos todos vergonzaaa!!!!
p.d.-Hoxe volveu o sangue do meu sangue despois dun verán polas Américas. Benvida, ine. Sei que polo menos ti seguro que escribes.
me apunto al concurso: hasta la vista surfista
Más agusto que un arbusto me quedo yo después de participar en este gran reto.
Y como no tengo más que aportar… Pista, alpinista!
Vista a expectación e a curiosidade polo premio (imos todo polo mismo eh!), direi que todos os participantes terán un detalliño personalizado. O resto queda para o factor sorpresa.
E haberá mención especial para quen a min me dea a gana.
je, je, como te discurre la cabeza.
…como Barrabás me la chupas y te vas!(todo un clásico)
Pdta:bienvenida ine, un bico.
ola gominola
para que no decaiga:
nel del panel
ful de estambul
No vale decirlas de boquilla, eh
Ola!
Aquí entrando en plan espontáneo a participar nesta cuchipanda xuvenil. Aí vos vai a miña xenial aportación:
“No por mucho madrugar
las galletas Matutano”.
Atomarpoloq.
pink floyd, me la chupas y me voy
más feliz que una perdiz
repelente niño vicente
me piro vampiro
Joooeeeerrrr…no me puedo creer que falte Qué risa María Luisa
Dónde quedan las tradiciones???
Xa vai unha boa recompilación e con temática variada. Pero hai moitas mais!!!! están aí, están aí…!!
Ben, tampouco quero ser pesada así que ÚLTIMO AVISO para os que se queiran sumar ao primeiro capítulo do volume de chorradas do blog: o luns ou así péchase o concurso, así que aproveitade as oscilacións neuronais típicas do fin de semana para dar cunha desas muletillas absurdas.
Como prometín, os participantes recibirán un obsequio electrónico. Os que xa escribistes, xa o tedes nos vosos mails. Titúlase “el poder de la mente”, pero non vos asustedes.
p.d.-Ah, valen algunhas invencións, se son totalmente absurdas. Cary grant abriu a veda
oquei maquei
ala, pilar! a ladrar al pilar
esta la digo mucho: la cagaste burlancaste
Non necesitamos premios, aínda que, ben pensado, tampouco veñen mal :D
Más ancho que pancho? Más a gusto que un arbusto? Falou Varela pa´ jodela! Amigo de Vigo… e unha adicada de xeito especial á autora deste caderno
EN FIN, PILARÍN!!! (NORABOA)
Non podía ser doutra maneira… Unha do meu pueblo!!!!
Onde vas (irás) Caifás??!!!!!!!
Quiero dejar constancia escrita de mi total desacuerdo con el obsequio a los parafraseantes.
El porqué de mi malestar: pues que ese correo se lo enseñé yo a la pilara, o sea que para mí ni es regalo ni es nada.
Exijo algo novedoso.
Joé, el materialismo nos sale por las orejas, eh!!
ya pensaré algo, pues, pero si no abres tu mente nunca te gustará
Pois imos completar unha que xa puxo Merce por aí arriba:
Que risa María Luisa
que me hice caca por la camisa.
Absurda onde as haxa, jajaja
Abur (yogur)